V EDICIÓN DOS PREMIOS EMPRENDE GAIÁS-SIXTO SECO PARA IDEAS E PROXECTOS INNOVADORES
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca a quinta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia, que nesta edición conta de novo coa colaboración do Igape e patrocinio de Afundación.
A convocatoria permanecerá aberta ata o 5 de outubro ás 14 horas. Con ela, a Cidade da Cultura busca pór en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais articuladas en tres modalidades: aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet, proxectos na área do deseño, creación artística e plástica e na área da xestión cultural.
O premio en cada unha das modalidades será a incorporación gratuíta durante doce meses ao Centro de Emprendimiento do Gaiás, onde se contará cun asesoramento personalizado para dispor de titorización durante todo o desenvolvemento do proxecto, e un premio en metálico de 2.000 euros para cada proxecto para contribuír ao financiamento da nova empresa, grazas a colaboración do Igape e ao patrocinio de Afundación.
O obxectivo destes premios e impulsar o desenvolvemento de novas ideas emprendedoras relacionadas coas industrias culturais e que queiran desenvolver a súa actividade en Gaiás Cidade da Cultura de Galicia: deseñadores-ilustradores, profesionais da comunicación, produtores, xestores culturais, programadores de aplicacións informáticas e de proxectos culturais en internet e calquera outra persoa con vinculación no emprendimiento cultural.
Máis información e solicitudes
|
|
|
|