VII SEMANA INTERNACIONAL CONTRACT GALICIA
(2 e 3 outubro)
O IGAPE organiza a VII Edición da Semana Internacional Contract Galicia, que terá lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela os próximos días 2 e 3 de outubro. Como en edicións anteriores, o encontro terá un carácter dinámico, de intercambio de información, de participación e de fomento do networking que favoreza o negocio internacional. Incluirá dúas actividades diferenciadas ás que as empresas galegas interesadas poderán inscribirse, a través da web do IGAPE, en función do seu perfil.
Xornada Inaugural. Luns 2 outubro de 9.30 a 16.00.
Relatorios e mesas de debate coa posta en común das tendencias e necesidades da Canle Contract a nivel internacional.
Prazas limitadas. Inscrición gratuíta
Programa (por pechar)
Encontros B2B Canal Contract. Luns 2 outubro de 16 a 18.30 horas e Martes 3 outubro de 10 a 14.30.
Terán lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela entre profesionales/industria galega e prescriptores internacionais do Canle Contract co obxectivo de favorecer relacións comerciais e xeración de negocio internacional. As reunións terán unha duración máxima 20 minutos para favorecer o maior número de contactos e a rotación entre os participantes.
Prazas limitadas. Inscrición gratuíta
Para máis información. José Pereira: jpc@igape.es 981541191
TALLER CONTRACT MÉXICO (21 setembro)
Por outra banda, o Igape organiza o Taller Contract México como actividade dirixida únicamente as empresas galegas que traballen o canle Contract, que teñan presenza en México o estean a facer negocios neste país/área de influencia ou dispoñan dun plan operativo/estratéxico para México. O obxetivo é compartir experiencias e preparar e pulsar o interese de participación nunha Xornada Contract que tería lugar en Cidade de México a terceira semana de novembro do 2017.
Actividade moderada por David Cámara Navarro (10 anos de experiencia en México) e Juan Feijoo (Area Internacional Igape). Lugar: Igape, Santiago de Compostela, 21 de setembro 2017. Horario: 10:30 a 13.30
Inscrición gratuita: enviar mail a José Pereira jpc@igape.es 981541191
|
|
|
|