PROGRAMA REACCIONA TIC. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O PRÓXIMO 31 DE MAIO
O próximo mércores, 31 de maio, remata o prazo para a presentación de solicitudes ao abeiro da vixente convocatoria do programa Re-acciona TIC, impulsado conxuntamente polo Igape e a Amtega, co obxecto de achegar ás empresas servizos especializados para facer fronte aos retos e aproveitar as oportunidades relacionados coa transformación dixital e a industria 4.0.
O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 26 de outubro as bases reguladoras das axudas para desenvolver un amplo catálogo de servizos para facilitar o impulso da empresa dixital e da incorporación de solucións propias da industria 4.0 nas Pemes galegas.
As solicitudes para acollerse á convocatoria aberta ata o próximo 31 de maio presentaranse de forma telemática na web do Igape.
O programa Re-acciona TIC ofrece un amplo catálogo de servizos, que están cofinanciados pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, orientado a promover o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación e conseguir un tecido empresarial máis competitivo.
O Igape e a Amtega prevé impulsar novas convocatorias do programa Re-acciona TIC despois do verán.
|
|
|
|