XORNADA REACCIONA: LEAN NO ENTORNO 4.0, ORGANIZACIÓN E TECNOLOXÍA
O próximo 12 de maio desenvolveranse na sede do Igape, en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n) a xornada do programa Re-Acciona "LEAN no entorno 4.0. organización e tecnoloxía", destinada a orientar ás empresas para identificar os itinerarios a seguir para impulsar a mellora da competitividade integrando as tecnoloxías base na súa cadea de valor.
Dirixida a persoal directivo e a responsables de departamentos de empresas de calquera sector, a xornada incluirá relatorios específicos sobre os servizos de mellora da produción e cadea loxística e de diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0.
Tamén haberá relatorios sobre ferramentas organizativas Lean para abordar o reto da industria 4.0; sobre a industria 4.0 e as súas tecnoloxías habilitadoras; e sobre o diagnóstico da industria 4.0
Programa
inscricións: gestion@teamandtime.com
Teléfono 981 978 786
|
|
|
|