I FORO INVESTIMENTO PROXECTOS COWORKING IGAPE-EOI
A Sala Eisenman da Cidade da Cultura acollerá, o próximo 28 de abril e a partir das 10 horas, o I Foro de investimento no que se presentará unha selección dos proxectos emprendedores que participaron na primeira edición dos espazos coworking impulsados conxuntamente pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escola de Organización Industrial (EOI).
Ademais de expoñer os seus proxectos, os emprendedores participantes poderán contactar con potenciais investidores. Previamente, as empresas e emprendedores asistentes a este I Foro terán a oportunidade de coñecer experiencias de captación de investimento, que correrán por conta dos impulsores de proxectos como Monet e Eccocar.
Programa
Inscricións
|
|
|
|