XORNADA TÉCNICA: HONG KONG COMO PLATAFORMA DE OPERACIÓNS INTERNACIONAIS EN CHINA E SUDESTE ASIÁTICO.
Presentar a Hong Kong como plataforma de acceso aos mercados asiáticos será o obxectivo da xornada técnica organizada polo Igape que se celebrará o vindeiro xoves día 6 de abril de 10 a 13:30 horas, no Salón de Actos de MUPEGA, en Santiago de Compostela (Rúa de San Lázaro, 107)
No encontro contarase coa participación de Virginia Seoane, Márketing Manager Hong Kong de Trade Development Council (HKTDC), Álvaro de Luís Andrés, Managing Partner para Asia de Net Craman Avogados.
Tamén contaremos coa participación de tres empresas xa implantadas en Asia que compartirán a súa experiencia no devandito mercado. Participrán como relatores Francesc Caudet, International Tax Manager de CAMPER, Diego Mata Vicepresidente de MOONOFF, e Carlos Saavedra Presidente de TRISON WORLWIDE.
Programa | Inscrición
|
|
|
|