XORNADA TÉCNICA DIA MUNDIAL DA EFICIENCIA ENERXÉTICA: CARA A UNHA MOBILIDADE BAIXA EN EMISIÓNS
Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Eficiencia Enerxética, o próximo luns, día 6 de marzo, a partir das 11 horas, desenvolverase no auditorio do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo (Concepción Arenal, 8) unha xornada técnica que incluirá relatorios sobre o gas natural licuado como alternativa de combustible martítimo; o gas natural como unha alternaiva real; ou o vehículo eléctrico: retos e oportunidades para Galicia.
O 35% do consumo enerxético de Galicia correspóndelle ao sector do transporte. Nesta xornada salientarase a mobilidade con gas natural como alternativa de interese, tanto para o transporte marítimo como para o transporte terrestre pesado. Abordarase igualmente o vehículo eléctrico como solución para a mobilidade de transporte lixeiro e de persoas, sobre todo nas contornas urbanas.
Información e inscricións: inega.cursos@xunta.gal
Teléfono 981 541 509
|
|
|
|