XORNADA EMPRESARIAL: LIDER-A, AVANZANDO EN IGUALDADE
Coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller, o próximo día 7 de marzo desenolverase no Auditorio do Edificio Cinc da Cidade da Cultura o evento Lider-A Avanzando en Igualdade, que inclúe, entre outros, relatorios de directivas empresariais como Maruxa Sanmartín, presidenta executiva do Grupo Maviva, ou Raquel Vázquez Freire, directora da Fábrica de Alumina de San Ciprián (Lugo).
O programa, que comeza ás 9 horas e remata ás 13:30, inclúe igualmente relatorios sobre a conciliación, a flexibilidade e a produtividade, ou sobre os desafíos nun mundo global e tecnolóxico.
Confirmar asistencia antes do 3 de marzo nos teléfonos 981 957 691/981 545 351, ou no enderezo igualdade@xunta.es
Programa
|
|
|
|