ÚLTIMOS DÍAS PARA SOLICITAR OS SERVIZOS AVANZADOS DOS PROGRAMAS REACCIONA A REACCIONA TIC
As empresas interesadas en mellorar a súa competitividade ou avanzar na súa dixitalización acollóndose á ampla oferta de servizos especializados ofertados polos programas Reacciona e Reacciona TIC poden solicitalo directamente, a través da web do Igape, ata o próximo 28 de febreiro.
O programa ReAcciona do Igape ten como obxectivo prioritario incrementar as competencias dos xestores das empresas, para que as melloras introducidas na xestión poidan ter carácter permanente. Esta iniciativa pon a disposición das pemes un conxunto amplo de servizos para facilitar a implantación de proxectos de mellora en ámbitos como a optimización do financiamento, o relanzamento comercial, a estratexia ou os procesos de produción, na procura dun impacto positivo global nas compañías.
O programa Reacciona TIC, impulsado conxuntamente polo Igape e a AMTEGA, facilita servizos para o impulso da industria 4.0, orientados a establecer novas fórmulas de produción e a impulsar a fabricación de produtos diferenciados e de calidade a través de novos modelos e procesos de deseño, creación e distribución. Así, as pemes poderán acceder a servizos que lles permitan unha maior flexibilización, automatización, interconexión e sustentabilidade.
Ademais, no ámbito da empresa dixital, o Reacciona TIC facilitará a prestación de servizos para promover a conectividade. As Pemes beneficiarias poderán acceder, entre outros, a servizos de soporte para a implantación de solucións de mobilidade que melloren a conectividade con traballadores, clientes ou provedores; para a incorporación de solucións TIC orientadas mellora da xestión empresarial; ou para a implantación de solucións de marketing dixital que permitan optimizar a presenza da empresa en Internet.
Para que os responsables das empresas teñan a oportunidade de coñecer os programas Reacciona e Reacciona-TIC sen ter que desprazarse, o Igape e a Amtega organizan un ciclo específico de webinars que se desenvolverán desde o próximo 24 de febreiro ata o 7 de abril e que poderán seguirse vía streaming.
Información webinars
Experiencias Reacciona
Solicitudes
Máis información: 900 81 51 51 |
|
|
|