XORNADA TÉCNICA SOBRE OPORTUNIDADES EMPRESARIAIS E DE INVESTIMENTO NO PERÚ
As oportunidades empresariais e comerciais no Perú constitúen o obxectivo da xornada técnica, organizada polo Igape, que se desenvolverá o próximo xoves día 23 de febreiro, a partir das 10 horas, na sede do MUPEGA (rúa de San Lázaro, 107), en Santiago de Compostela.
O encontro contará coa participación da Oficina Comercial da Embaixada do Perú en Madrid. Tamén participará un directivo da Antena Empresarial de Galicia no Perú, que está a disposición da Internacionalización das empresas galegas que teñan ese país como mercado obxetivo.
Para máis información da Xornada o dos Servizos da Antena Empresarial no Perú, poden contactar con:
Jose Pereira Cabezuelo 981 54 11 91
jpc@igape.es
Programa e inscricións
|
|
|
|