PROGRAMACIÓN FOEXGA 2017. MISIÓNS E FEIRAS INTERNACIONAIS
Impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e coordinado polo Igape en colaboración coas cámaras de comercio, o Plan Foexga 2016/17 ten entre os seus obxectivos os de fomentar e consolidar a presenza das empresas galegas nos mercados internacionais, aumentar a base de empresas exportadoras e conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica, das exportacións.
A convocatoria do Foexga vixente está a apoiar accións en máis de 50 mercados de todo o mundo considerados de interese para o tecido empresarial galego.
As solicitudes das empresas deberán presentarse nas cámaras correspondentes, que se ocuparán tamén de difundir as súas convocatorias de forma particularizada.
Programación
|
|
|
|