XORNADA TÉCNICA REACCIONA: ELABORACIÓN DE PLANS E PROTOCOLOS DE SUCESIÓN NA EMPRESA FAMILIAR
A competitividade dunha empresa depende de saber manter as súas vantaxes competitivas e mellorar día a día, pero tambén se ve afectada, no caso das empresas familiares, pola sucesión empresarial. É un aspecto ao que cómpre prestar atención, e que habitualmente se regula mediante un plan/protocolo de empresa familiar, que regula todos os aspectos que facilitan a súa continuidade.
O programa Reacciona conta cun servizo específico para facilitar a elaboración e posta en marcha de plans e protocolos na empresa familiar galega. Para incidir neste ámbito de xestión, o próximo 2 de decembro desenvólvese na sede do Igape, en Santiago, unha xornada técnica específica aberta ás empresas interesadas.
Para confirmar asistencia, os empresarios interesados deben enviar un e-mail a marta.leal@paradaycotelo.com, antes do 1 de decembro próximo.
Máis información
|
|
|
|