XORNADA TÉCNICA CAPACITA: DIRIXIR UNHA EMPRESA HOXE, SEGUNDA EDICIÓN
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organizan conxuntamente, no ámbito do proxecto Capacita Directivos, a xornada técnica "Dirixir unha empresa hoxe", que se desenvolverá -na súa segunda edición- o próximo 1 de decembro no Hotel OCA Puerta del Camino, en Santiago de Compostela.
A xornada técnica inclúe relatorios sobre asuntos como a dirección desde a confianza; como impulsar e xestionar o cambio desde a intelixencia colectiva; ou decidir desde a determinación. Tamén se exporán leccións extraídas de casos reais de transformación empresarial ou exemplos de empresas centenarias con habilidades de dirección que seguen sendo válidas.
Os interesados neste encontro técnico poden inscribirse de xeito gratuito, a través da web de APD (www.apd.es), facendo uso do código invitación do Igape: I16IU0YW
Programa
|
|
|
|