XORNADAS TÉCNICAS SOBRE O PROGRAMA REACCIONA TIC. SANTIAGO, OURENSE, A CORUÑA, LUGO E VIGO
A Xunta organiza xornadas técnicas sobre o programa Reacciona TIC, que vén de ser activado, nas cidades de Santiago, Ourense, A Coruña, Lugo e Vigo co obxecto de achegar ás empresas as oportunidades e os retos relacionados coa transformación dixital e a industria 4.0.
O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 26 de outubro as bases reguladoras das axudas para desenvolver un amplo catálogo de servizos para facilitar o impulso da empresa dixital e da incorporación de solucións propias da industria 4.0 nas Pemes galegas, o programa denominado Reacciona-TIC, impulsado conxuntamente polo Igape e a Amtega.
De acordo coa resolución publicada no DOG, desde o 31 de outubro, e durante un mes, estará aberta a primeira convocatoria de servicios do programa Reacciona TIC, que irá seguida de sucesivas convocatorias en decembro de este ano e en xaneiro e marzo de 2017, co obxectivo de facilitar servizos de modernización e innovación para incrementar a competitividade e a produtividade. As solicitudes presentaranse de forma telemática na web do Igape.
Máis información e inscricións
O ciclo de xornadas sobre o programa Reacciona TIC, que comezarán sempre ás 19 horas, desenvolverase segundo o seguinte calendario:
-
Santiago de Compostela, 15 de novembro, na Cidade da Cultura
-
Ourense, 17 de novembro en La Molinera.
-
A Coruña, 22 de novembro, na sede da CEC.
-
Lugo, 23 de novembro, no CEI Nodus
-
Vigo, 24 de novembro, no Consorcio Zona Franca de Vigo
|
|
|
|