PROGRAMAS DE FORMACIÓN EN INGLÉS EMPRESARIAL. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O DÍA 10 DE NOVEMBRO
A Consellería de Economía e Industria iniciou en 2015 a través do Igape, programas de inmersión en inglés destinados a facilitar a internacionalización empresarial.
Haberá unha nova fase de selección cos interesados que o soliciten ata o día 10 de novembro de 2016. Prazas limitadas.
Destinatarios da formación: directivos e mandos intermedios; técnicos de empresas (incluídos autónomos) ou de organismos empresariais (asociacións, clusters, consellos reguladores, centros tecnolóxicos) con centro de traballo en Galicia. Profesionais con responsabilidades e/ou tarefas relacionadas coa internacionalización empresarial e traballando nun centro de traballo de Galicia. (Reservarase un mínimo do 10% de prazas dos cursos de inmersión, a profesionais dados de alta como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, dando prioridade aos que se inscribiron para os cursos de inmersión de 2015 que non poideron acceder por falta de prazas).
Tipos de formación:
CURSO DE INMERSIÓN: formación presencial en grupos reducidos dun máximo de 10 persoas, duración dunha semana, celebrandose de luns a vernes, e incluíndo manutención e aloxamento.
Lugar: Centro de Inmersión Lingüística Os Peares. Poblado de Fenosa. Carballedo. Lugo.
Datas: setembro: do 25 ao 30 outubro: do 23 ao 28 novembro: do 20 ao 25
SEGUEMENTO: durante 3 meses con comunicación co alumno a través de:
E-mails. Chamadas telefónicas. Visita á empresa (percorrido e, explicación da empresa e a súa actividade ao profesor). Terán prioridade os participantes en cursos de inmersión 2015.
Lugar. Desde o propio lugar de traballo do alumno
Datas: setembro a decembro 2016
SOLICITUDES:
Empresas (incluídos autónomos) e Organismos intermedios galegos: oficina virtual IGAPE (IG232)
Máis información
|
|
|
|