XORNADA TÉCNICA REACCIONA: OPTIMIZACIÓN DA PRODUCIÓN E CADEA LOXÍSTICA
A competitividade dunha empresa atópase, entre outros ámbitos, nunha boa xestión da cada de subministración, produción, loxística e prestación de servizos. As empresas deben buscar a eficiencia e a redución de custos nos seus procesos, considerando aspectos como a capacitación e a participación do persoal; a detección e corrección de colos de botella; a adecuada xestión de stocks, almacén, inventarios; o incremento da produtividade a través da organización dos postos de traballo, etc.
Para incidir neste ámbito de xestión, e no marco do programa Reacciona, o próximo 4 de novembro desenvólvese na sede do Igape, en Santiago, unha xornada técnica específica sobre optimización da produción e cadea loxística, dirixida a persoal directivo e responsables de compras, producción, finanzas, etc. en empresas de calquera sector.
A xornada inclúe un relatorio de Francisco Praza sobre as ferramentas de mellora no ámbito da cadea loxística, eliminando as tarefas que non engaden valor, e unha presentación do programa Reacciona, que ofrece un servizo centrado neste ámbito de mellora.
Máis información e inscricións
|
|
|
|