ÚLTIMOS DÍAS PARA CUBRIR A ENQUISA SOBRE CAPACITACIÓN PARA A INDUSTRIA 4.0
O Igape ten entre os seus obxectivos principais o de impulsar iniciativas que estean en sintonía coas necesidades do tecido empresarial galego. Neste momento está a traballar no deseño de liñas de apoio á formación de traballadores en especialidades necesarias, no ámbito da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0, que teñen escasa ou nula presenza na nosa Comunidade Autónoma.
Para poder facer fronte a este reto acertadamente, o Igape precisa da colaboración das empresas, entidades asociativas e outros organismos intermedios de carácter empresarial, que teñen un papel crucial no labor de diagnose e comunicación das necesidades que detectan. A colaboración é fundamental tanto para tratar de dar resposta atinada ás necesidades presentes coma para preparar o tecido empresarial galego para cubrir as necesidades futuras.
Con ese obxectivo, prégase cubrir esta a enquisa sobre necesidades formativas para colaborar e participar na orientación do labor do Igape neste ámbito.
A súa opinión é importante. Moitas grazas a todas as empresas e entidades que participaron ata o momento. As que non o fixeron, poden facelo ata o próximo venres, 29 de abril.
CUBRIR ENQUISA
|
|
|
|