OPORTUNIDADES DE INTERNACIONALIZACIÓN: ENCONTRO COAS PLATAFORMAS PEXGA EN RUSIA E COLOMBIA
As empresas interesadas en explorar novas oportunidades de negocio mos mercados de Rudia e Colombia poden participar no próximo encontro das Plataformas da Rede Pexga neses países, que terá lugar entre os días 25 e 29 de abril.
Durante cinco xornadas, responsables das plataformas participarán en seminarios, mesas de debate e talleres sectoriais que terán lugar nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo. Paralelamente, as empresas que así o soliciten terán ocasión de entrevistarse co persoal das plataformas e abordar, de forma individual, as súas estratexias e inquietudes acerca destes mercados.
A presentación, o luns 25 en Santiago de Compostela, das principais oportunidades de negocio en Colombia e Rusia, xunto aos seus mercados periféricos, marcará o comezo dunha semana con múltiples actividades e un único fin: facilitar o acceso das empresas galegas a estes mercados e favorecer a xeración de negocio.
As empresas interesadas en participar nas actividades deste encontro, principalmente nas entrevistas bilaterais, poden realizar unha pre-reserva, que posteriormente confirmaremos de forma individual. Para iso, deberán enviar a info@pexga.es, indicando no campo do asunto "Encontro Pexga Rusia e Colombia", un correo electrónico cos seguintes datos: Nome da empresa, nome e apelidos da persoa de contacto, cargo, teléfono, E-mail e lugar de preferencia para a entrevista bilateral.
Este encontro, que é o primeiro dunha serie que traerá a Galicia a representantes dos mercados onde actualmente está implantada a Rede Pexga, desenvólvese no marco do convenio de colaboración entre o IGAPE e a CEG para o fomento da internacionalización do tecido produtivo galego.
|
|
|
|