XORNADA TÉCNICA SOBRE OPORTUNIDADES EMPRESARIAIS E COMERCIAIS EN CUBA
As oportunidades empresariais e comerciais en Cuba constitúen o obxectivo da xornada técnica, organizada polo Igape, que se desenvolverá o próximo día 20 de abril, a partir das 10 horas, na sede do MUPEGA (rúa de San Lázaro, 107), en Santiago de Compostela.
O encontro contará coa intervención do consul xeral de Cuba en Galicia, Asturias e Cantabria, José Antonio Solana, e haberá tamén un relatorio do Igape sobre os servizos e apoios á internacionalización das Pemes galegas.
Programa e inscricións
|
|
|
|