INTELIXENCIA ECONÓMICA E EMPRESARIAL.
A XESTIÓN EMPRESARIAL INTELIXENTE
O Hotel OCA Puerta del Camino acollerá en Santiago, o próximo 11 de decembro, a xornada técnica "Intelixencia económica e empresarial. A xestión empresarial intelixente", que ten como obxectivo achegar ás empresas as claves para mellorar a competitividade das compañías mediante unha axeitada utilización da información.
A xornada está organizada conxuntamente pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) no marco do programa Capacita, centrado en reforzar a especialización do capital humano nas empresas.
O encontro incluirá relatorios e mesas redondas sobre os cambios, ameazas, riscos e oportunidades para a empresa nun mundo global; a intelixencia económica e corporativa; a xestión empresarial intelixente; a intelixencia económica e a xestión de riscos; ou o Proxecto Alerta, coordinado polo Igape e centrado na vixilancia competitiva en rede como instrumento ao servizo do desenvolvemento económico.
As empresas interesadas nesta xornada técnica poden inscruibirse utilizando o codigo invitación do Igape: I15LS79J
Ver Programa Inscricións
|
|
|
|