PROGRAMA DE PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR CIRCULANTE E INVESTIMENTOS CON FONDOS DO BEI
Programa de préstamos para financiar circulante e investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).
Ao obxecto de complementar os instrumentos de financiamento público existentes no mercado, o Igape pon a disposición das empresas galegas estes recursos en dúas modalidades diferenciadas:
-
Préstamos Igape-BEI-Circulante: Destinados a proporcionar unha base de capital circulante estable que permita as empresas fortalecer a súa estrutura financeira e acometer plans de crecemento.
-
Préstamos Igape-BEI-Investimento: Facilitar financiamento destinado a investimentos en Galicia, con carácter complementario ao financiamento privado.
Resolución DOG
Ficha resumo
|