BOLSAS DE PROMOCIÓN EXTERIOR E FORMACIÓN DE XESTOR DE EXPORTACIÓN
O Igape convoca 100 prazas para a capacitación de mozos profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación teórica ou práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.
Obxecto deste programa
Formar especialistas no ámbito da internacionalización empresarial baixo dúas modalidades posibles:
a) Formación teórica de xestor de exportación. Esta formación, non remunerada, segue unha metodoloxía enfocada a apoiar as pemes no seus procesos de internacionalización. Máximo: 40 prazas.
b) Formación práctica no estranxeiro e/ou en Galicia (en oficinas da rede Pexga, antenas Igape no estranxeiro, oficinas comerciais de España no exterior, cámaras de comercio españolas no estranxeiro, organismos multilaterais, Igape, organismos intermedios galegos, centros de investigación, empresas e/ou outros organismos en Galicia ou no estranxeiro).
Para realizar labores de investigación de mercados, estudo de empresas e a súa planificación para internacionalización e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras. Máximo 60 prazas.
Os solicitantes deben indicar no formulario de solicitude a súa orde de preferencia na modalidade de formación, xa que ambas as modalidades son incompatibles entre si e, no caso de que non sexa posible adxudicar a primeira opción elixida, adxudicarase a segunda.
Data fin presentación de solicitudes: 30 de novembro de 2015.
Importante: os exames de idiomas realizaránse na primeira quincena de decembro de 2015. A data exacta dos exames publicaráse nesta web antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os aspirantes que non comparezan ou non acaden o nivel mínimo B1 na proba de inglés quedarán excluídos do proceso de selección.
Información adicional
|