XORNADA TÉCNICA: DIRIXIR UNHA EMPRESA HOXE.
MODELOS DE NEGOCIO EN CLAVE DE FUTURO
As claves para a dirección dunha empresa no marco económico actual, de transformación cara á Industria 4.0, centrarán os relatorios da xornada técnica "Dirixir unha empresa hoxe. Modelos de negocio en clave de futuro".
A xornada está organizada conxuntamente polo Igape e APD no marco do programa Capacita Directivos, e desenvolverase o próximo día 27 de outubro, a partir das 9:30 horas, no Hotel OCA Puerta del Camino, en Santiago de Compostela.
Os interesados en asistir a esta xornada técnica poden inscribirse facendo uso do código de invitación do Igape: I15TARZ9
Programa
|
|
|
|