XORNADA TÉCNICA ICO-IGAPE. NOVOS INSTRUMENTOS DE FINANCIAMENTO PARA AS PEMES
Achegar ás Pemes galegas os novos instrumentos de financiamento que se están a poñer en marcha ao abeiro dos acordos de colaboración entre o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e o Igape, é o obxectivo da xornada técnicia que se vai desenvolver no Salón de Actos da Biblioteca da Cidade da Cultura mañá martes, 20 de outubro, a partir das 11 horas.
A xornada técnica incluirá un relatorio da experta Teresa Mariño sobre as alternativas de financiamento para Pemes. Haberá ademais unha mesa redonda na que participarán representantes de empresas que investiron contando con financiamento do ICO e do Igape, e que achegarán as súas experiencias ao respecto.
Programa e inscricións
|
|
|
|