GALICIA TRANSMITE. XORNADA DE PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE APOIO Á TRANSMISIÓN DE EMPRESAS
O Plan Transmite de apoio á transmisión de empresas, impulsado polo Igape en colaboración coa Dirección general de Industria y de la PYME do Ministerio de Industria, ten como principal obxectivo favorecer a continuidade de empresas viables que, por circunstancias alleas a dificultades de tipo económico, como poden ser cuestións de relevo xeracional ou de cambio de orientación profesional dos promotores, entre outras, atopan dificultades para a súa continuidade.
Outro obxectivo do Plan é proporcionar aos emprendedores unha alternativa para establecerse distinta á creación da súa empresa “desde cero”. A adquisición dunha empresa en funcionamiento pode ser unha opción atractiva.
A xornada técnica de presentación do Programa Galicia Transmite desenvolverase en Santiago de Compostela o próximo día 7 de outubro, contando con representantes da Xunta e do Ministerio de Industria. A xornada incluirá unha mesa redonda arredor de experiencias e casos de éxito neste ámbito.
Programa Inscricións: sss@igape.es
Máis información: 981 337 104
|
|
|
|