PROGRAMA DE INMERSIÓN EN INGLÉS EMPRESARIAL. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O DÍA 16 DE OUTUBRO
A Consellería de Economía e Industria vén de lanzar, a través do Igape, os primeiros cursos dunha serie de programas de inmersión en inglés destinados a facilitar a internacionalización empresarial mediante a capacitación de capital humano neste ámbito.
Tipo de formación: presencial en grupos reducidos dun máximo de 10 persoas, en fin de semana (sábado e domingo) incluíndo manutención e aloxamento. Duración dos cursos ofertados e número de prazas:
- 1 Curso de duración media: 5 fins de semana alternos, (outubro a decembro 2015), de inmersión en inglés empresarial. Total 100 horas (Máximo 10 prazas).
- 4 Cursos de duración corta: 1 fin de semana no período de outubro a decembro de 2015, de temática puntual de interese para a tipoloxía de inscritos ao curso. Total 20 horas (Máximo: 40 prazas, 10 por curso).
Lugar: Centro de Inmersión Lingüística Os Peares. Poblado de Fenosa. Carballedo. Lugo. Destinatarios da formación: directivos e mandos intermedios; técnicos de empresas ou de organismos empresariais (asociacións, clusters, consellos reguladores, centros tecnolóxicos) con domicilio social en Galicia. Profesionais con responsabilidades e/ou tarefas relacionadas coa internacionalización empresarial e traballando nun centro de traballo de Galicia. (Reservarase un mínimo do 10% de prazas a profesionais empadroados en Galicia -cun ano de antigüedade anterior ao 30 de setembro de 2015- con experiencia neste ámbito, en situación de desemprego e, dados de alta como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia).
Prazas limitadas
Máis información Inscricións
|
|
|
|