FEIRA ACEINT: TECNOLOXÍA NA NOVA ECONOMÍA
As empresas especializadas en produtos ou servizos de sector tecnolóxico que desexen darse a coñecer entre empresas doutros sectores teñen unha xornada á súa medida na Feira ACEint que se desenvolverá o próximo venres, 2 de outubro, na Cidade da Cultura.
A Feira ACEINT está tamén orientada a aqueles emprendedores que queiran realizar unha presentación do seu produto/servizo/proxecto en formato pecha-kucha ou desexen manter un encontro bilateral con outra empresa/entidade, ou a emprendedores en xeral.
A Feira ACEint, que se desenvolve no marco do proxecto europeo do mesmo nome, ten como obxectivo favorecer os encontros bilaterais entre empresas e entidades de Galicia e Norte de Portugal para impulsar negocios e alianzas entre empresas tecnolóxicas e doutros sectores de actividade.
A Consellería de Economía e Industria organiza este encontro, de carácter gratuíto (cofinanciado polo FSE), a través do Igape, e conxuntamente coa Universidade de Santiago e BICMINHO.
Programa e inscricións
|
|
|
|