PROGRAMA ACEINT. LONXA DE FINANCIAMENTO PARA EMPRENDEDORES TIC
O vindeiro mércores 1 de xullo, e no marco do programa ACEINT, celebrarase na Sala Eisenman da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) unha Lonxa de Financiamento para proxectos emprendedores baseados nas TIC e con vocación internacional.
Nesta lonxa, proxectos empresariais de Galicia e Portugal, de marcado carácter innovador e tecnolóxico, exporán o seu modelo de negocio ante diferentes organismos públicos e investidores de carácter privado, co fin de obter apoio financeiro para a súa consolidación e crecemento.
A xornada comezará coa exposición por parte da empresa creadora de vídeoxogos Gato Salvaxe, da súa experiencia no proceso exitoso que realizou para obter recursos. O encontro incluirá unha mesa redonda onde representantes de entidades como Xesgalicia, Enisa, Unirisco/Uninvest, Afigal ou investidores particulares informarán sobre diferentes fórmulas ou instrumentos de financiamento.
Programa e inscricións
ACEINT
|
|
|
|