Viernes, 03 Marzo 2017 13:09

Xornada informativa sobre as bases de premios e axudas a Proxectos Piloto Industria 4.0 en Galicia

Escrito por 

O obxecto desta xornada informativa, que se desenvolverá o próximo 9 de marzo, a partir das 10 horas, na sede do Mupega -San Lázaro, 107. Santiago de Compostela- é procurar que os organismos intermedios e as Pemes, aos que van destinadas as axudas, as coñezan polo miúdo e poidan conformar grupos de empresas para acollerse á convocatoria, cun prazo de presentación que remata o día 3 do próximo mes de maio.

Programa

Confirmación de asistencia á xornada informativa: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Máis información: 981 54 11 54

O obxectivo das bases é a regulación da concesión dun premio a un máximo de seis proxectos que inclúan no seu desenvolvemento a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nun grupo de Pemes, así como a regulación das axudas á devandita implantación para cada Peme participante en cada un dos proxecto agrupados baixo a coordinación de organismos intermedios.

A implantación consistirá na incorporación ás empresas galegas de tecnoloxías relacionadas coas tres seguintes catergorias:

  • Industria 4.0 sectorial
  • Fábrica Virtual
  • Tic Industrial

As empresas que desexen impulsar un proxecto de investimento 4.0 e necesiten contactar cun organismo intermedio para presentalo á convocatoria aberta, poden facelo seguindo as instrucións publicadas na web do Igape. Do mesmo xeito, os organismos intermedios que queiran presentar solicitude ao abeiro desta liña de axudas poden dirixirse ao Instituto para publicar, na mesma páxina, as liñas xerais da iniciativa e para localizar, así, empresas que desexen sumarse.

Máis información
Ficha resumo

Visto 18486 veces Modificado por última vez en Viernes, 03 Marzo 2017 13:15

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Inicia sesión para enviar comentarios