A Xunta de Galicia, a través do IGAPE, en colaboración co Escuela de Organización Industrial (EOI), organizan o II Encontro de espazos coworking o vindeiro 7 de marzo no Edificio Museo da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela (A Coruña).
Esta xornada dará a coñecer varios dos mellores proxectos desenvolvidos polos emprendedores e novos empresarios participantes nos 8 espazos Coworking (Santiago, Ferrolterra, Mariña lucense, Ribeira Sacra, Costa da Morte, Celanova e Terras da Limia, Ourense e O Salnés) postos en marcha polo Igape e a EOI.
Os espazos coworking son un lugar de traballo destinado a emprendedores innovadores nos cales facilitar o éxito na maduración e posta en marcha de novos proxectos co apoio de titores e mentores, así como da propia rede que se configura entre os propios participantes nos coworking.
AXENDA
- 09:30h Acreditación e entrega de documentación
- 10:00h Inauguración e presentación espazos coworking
- Miguel Sánchez Galindo,director de Innovación, Emprendeores y pymes EOI
- Norberto Penedo, director do Área de Competitividade do IGAPE
- Presentación proxectos emprendedores
- 11:30h Visita da exposición de proxectos
- Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria
- Adolfo Cazorla, director xeral EOI
- 11:45h Café-Networking