Martes, 12 Julio 2016 13:06

Encontro coa Plataforma Pexga en México

Escrito por 

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) convídano a participar no Encontro coa Plataforma Pexga en México, que terá lugar en Santiago de Compostela o mércores 13 e o venres 15 de xullo.

[ Ver Programa. ]

Fernando E. Rivadeneyra Núñez, Subdirector da Plataforma Empresarial de Galicia en México, e Vidaur Moura Espinoza, experto en aduanas e investimento estranxeiro, estarán a disposición das empresas para as seguintes actividades:
 

  • Seminario Sector Automotriz e Industria Auxiliar en México: Oportunidades e Claves de Implantación, que se desenvolverá o mércores 13 de xullo a partir das 9.45 h na sede da Confederación de Empresarios de Galicia. 
  • Entrevistas bilaterais. As empresas poderán solicitar unha entrevista bilateral cos representantes da plataforma, que lles permitirá expor as cuestións relativas aos seus proxectos en México de forma individual e coñecer de primeira man de que forma os servizos que ofrece a oficina lle poden ser de utilidade. 

 

O horario previsto para a realización das entrevistas bilaterais será de 12.00 a 18.30 h o mércores 13 de xullo, e de 10.00 a 14.30 h o venres 15 de xullo. En ambos os casos, as entrevistas serán na sede da CEG (Rúa do Vilar, 54). A participación en calquera destas actividades é gratuíta e require inscrición previa. Dado que as prazas son limitadas, as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada.

México foi historicamente un país co que Galicia mantivo fortes lazos comerciais. Desde 2009, o número de empresas exportadoras a México foi incrementando paulatinamente, sumando en 2015 un total de 488 cun volume de negocio que alcanza os 247.339.324 euros. No apartado “Documentos” da web da Rede Pexga pode descargar o informe relativo ás relacións comerciais Galicia - México 2009 - 2015 xeral e por sectores.

Este punto de encontro é unha acción organizada no marco do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para o fomento da internacionalización do tecido produtivo galego mediante a Rede de Plataformas Empresariais Galegas no Exterior (Pexga) e o Servizo de Licitacións Internacionais (Salt), que establece como obxecto do mesmo o asegurar unha maior presenza das empresas e institucións galegas no exterior.
Formulario de inscrición.

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) convídano a participar no Encontro coa Plataforma Pexga en México, que terá lugar en Santiago de Compostela o mércores 13 e o venres 15 de xullo.Fernando E. Rivadeneyra Núñez, Subdirector da Plataforma Empresarial de Galicia en México, e Vidaur Moura Espinoza, experto en aduanas e investimento estranxeiro, estarán a disposición das empresas para as seguintes actividades:
 

  • Seminario Sector Automotriz e Industria Auxiliar en México: Oportunidades e Claves de Implantación, que se desenvolverá o mércores 13 de xullo a partir das 9.45 h na sede da Confederación de Empresarios de Galicia.  
  • Entrevistas bilaterais. As empresas poderán solicitar unha entrevista bilateral cos representantes da plataforma, que lles permitirá expor as cuestións relativas aos seus proxectos en México de forma individual e coñecer de primeira man de que forma os servizos que ofrece a oficina lle poden ser de utilidade.  O horario previsto para a realización das entrevistas bilaterais será de 12.00 a 18.30 h o mércores 13 de xullo, e de 10.00 a 14.30 h o venres 15 de xullo. En ambos os casos, as entrevistas serán na sede da CEG (Rúa do Vilar, 54).  

 

A participación en calquera destas actividades é gratuíta e require inscrición previa. Dado que as prazas son limitadas, as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada. 

México foi historicamente un país co que Galicia mantivo fortes lazos comerciais. Desde 2009, o número de empresas exportadoras a México foi incrementando paulatinamente, sumando en 2015 un total de 488 cun volume de negocio que alcanza os 247.339.324 euros. No apartado “Documentos” da web da Rede Pexga pode descargar o informe relativo ás relacións comerciais Galicia - México 2009 - 2015 xeral e por sectores.

Este punto de encontro é unha acción organizada no marco do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para o fomento da internacionalización do tecido produtivo galego mediante a Rede de Plataformas Empresariais Galegas no Exterior (Pexga) e o Servizo de Licitacións Internacionais (Salt), que establece como obxecto do mesmo o asegurar unha maior presenza das empresas e institucións galegas no exterior.

Formulario de inscrición. 

 

 

 

 

 

 

Visto 19272 veces Modificado por última vez en Miércoles, 13 Julio 2016 14:04

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Inicia sesión para enviar comentarios