A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e ao abeiro da Axenda Industria 4.0, activou unha consulta para coñecer a demanda que as infraestruturas colaborativas de apoio industrial teñen entre o tecido produtivo galego co obxectivo de activar unha liña de axudas que permita impulsar este tipo de centros e instalacións industriais.
O venres 19 de xullo a partir das 10 h, en Santiago de Compostela, no Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, 105), terá lugar unha xornada na que se darán a coñecer os resultados da consulta e os avances no deseño da liña de axudas. Ademais, no acto recibiránse as observacións dos participantes sobre a mesma co fin de estimular a creación de consorcios de cara ás propostas definitivas.
Máis información
Inscricións: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.