Viernes, 19 Enero 2018 14:06

Cursos de formación dirixidos a empresas para a mellora activa nos entornos persoas/tecnoloxías/innovación creativa - Formación en Robótica e Robótica Colaborativa

Escrito por 

O alumno obterá nocións básicas sobre robots industriais, coñecerá a súas capacidades e aplicacións, será capaz de mover manualmente o robot e executar programas básicos. Esta formación, impartida pola empresa LEDISSON AIT, S.L. pode proporcionar unha versatilidade ao traballador que aumente a súa empleabilidade.

Destinatarios da formación

Traballadores usuarios actuais de robots ou próximos a selo e traballadores programadores de software non robótico. Teñen que ser profesionais en activo en empresas galegas ou con centro de traballo en Galicia.

Requisitos do alumno

Coñecementos técnicos nas ramas de mecánica, neumática, hidráulica, electricidade ou electrónica.

Prazas: 20 en cada edición


Contidos teóricos

  • Introdución: Introdución á Robótica Industrial. Sistemas e normativa de seguridade.
  • Conceptos básicos: Características e tipos de robots. Sistemas de referencia.
  • Elementos: Partes dun sistema robotizado. Consola de programación.
  • Movemento: Modos de movemento. Instrucións básicas de movemento.

Contidos prácticos

  • Exercicio 1: Identificar os elementos dunha celda.
  • Exercicio 2: Coñecer a interface de KUKA e FANUC.
  • Exercicio 3: Movemento manual do robot.
  • Exercicio 4: Medición de TOOL.

 

Prazo de solicitude: Ata 3 días antes do comezo de cada acción formativa.

Datas:

Edición 1: do 5 ao 9 de marzo, de 17:00 a 21:00h

Edición 2: do 12 ao 16 de marzo, de 17:00 a 21:00h

Localidade e infraestruturas

Instalacións de Ledisson AIT . Pol. Industrial A Granxa, Parcela 259 Nave 15, 36400 O Porriño (Pontevedra).
http://ledissonait.com/

Listados de admitidos

Listado de admitidos ao curso robótica e robótica colaborativa edición 2 (12/03/2018)

Listado de admitidos ao curso robótica e robótica colaborativa edición 1 (05/03/2018)

Criterios de selección:

  • Orden de inscrición
  • No caso de que se inscriban máis solicitantes que prazas ofertadas decidirase segundo a meirande relación do curso coas funcións do posto de traballo segundo a descrición da folla de inscrición.
  • Darase preferencia a unha persoa por empresa

A lista de alumnos admitidos publicarase en en www.igape.es/es/xornadas ao día seguinte ao peche do prazo de inscrición.
Para consultas relacionadas con programa: 981 541 118 ou no correo  Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
O custo do curso é asumido polo Igape e cofinanciado polo FSE nun 80%, sendo gratuito para os alumnos participantes. Os custes de manuteción e aloxamento serán por conta do alumno.

 

Visto 21106 veces Modificado por última vez en Jueves, 08 Marzo 2018 18:21

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Inicia sesión para enviar comentarios