Lunes, 11 Enero 2016 09:28

Xornada técnica con empresas alimentarias para priorizar obxectivos en mercados internacionais

Escrito por 

Localizar os mercados exteriores preferentes para as empresas galegas de alimentación e bebidas, e presentar o evento Galician Gourmet Extravaganza, que se vai desenvolver en Bruxelas o próximo 4 de marzo, son os obxectivos da xornada técnica informativa que se vai desenvolver o próximo 20 de xaneiro na sede do Mupega, en Santiago.

O encontro permitirá avanzar na localización e priorización dos mercados onde as empresas galegas de alimentación e bebidas poderán presentar en 2016, apoiadas polo Igape, os seus mellores produtos para impulsar as súas exportacións.

O obxectivo dos eventos Galician Gourmet Extravaganza é promocionar a gastronomía e os mellores produtos alimentarios galegos nos mercados internacionais prioritarios, presentándoos de forma creativa é novidosa, contando para elo coa colaboración de destacados chefs.

A xornada técnica informativa que se desenvolverá o 20 de xaneiro no Mupega (rúa de San Lázaro, 107) comezará ás 10 horas.

Máis información: 685 247227

Inscricións 

Visto 38004 veces

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Inicia sesión para enviar comentarios