El plazo de presentación finalizó el 18/12/2020

PROGRAMA DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLAAUTÓNOMAS AFECTADAS POLA CRISE DA COVID-19 (TR400A)

Finalidad / Objetivo

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19 que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego. O prazo de execución da operación vai desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de decembro de 2020.

O obxectivo é apoiar o mantemento da actividade económica e o emprego das persoas traballadoras autónomas, microempresas e da situación excepcional de hostalería.

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia e que teñan recoñecida o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego (BOE núm. 259, do 30 de setembro).

2. Para as axudas previstas no artigo 7.1.b), as persoas traballadoras autónomas que ademais de cumprir o requisito sinalado no parágrafo anterior deberán estar encadradas nos sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada.

Entenderase como actividade especialmente paralizada:

a) En todo caso o lecer nocturno. Son negocios de lecer nocturno aqueles con establecementos de discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas.
Así mesmo, incluiranse os negocios como establecemento de salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga punto anteriores, e todos aqueles que non teñan o seu título habilitante adaptado ás tipoloxías anteriores pero que poidan ser asimilables tendo en conta a actividade que desenvolvan.
Para estes efectos, os establecementos que aínda teñan a consideración de café-concerto, café-teatro, café-cantante e tablao flamenco estarían encadrados no catálogo aprobado polo Decreto 124/2019, do 5 de setembro, como cafés-espectáculo.
Do mesmo xeito, os establecementos que aínda teñan a consideración de cafés categoría especial e karaokes estarían encadrados no catálogo aprobado polo Decreto 124/2019, do 5 de setembro, como pubs.

b) Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das atraccións de feiras e que se trate de actividades nas cales non existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200.

c) Os negocios encadrados nos seguintes CNAE:
CNAE 4932. Transporte por taxi.
CNAE 5010. Transporte marítimo de pasaxeiros.
CNAE 5030. Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores.
CNAE 5621. Provisión de comidas preparadas para eventos.
CNAE 5914. Actividades de exhibición cinematográfica.
CNAE 7911. Actividades das axencias de viaxes.
CNAE 7912. Actividades dos operadores turísticos.
CNAE 7990. Outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos eles.
CNAE 8230. Organización de convencións e feiras de mostras.
CNAE 9001. Artes escénicas.
CNAE 9002. Actividades auxiliares ás artes escénicas.
CNAE 9004. Xestión de salas de espectáculos.
CNAE 9321. Actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos.
CNAE 9329. Outras actividades recreativas e de entretemento.

3. Dada a natureza extraordinaria das actuacións subvencionables destas bases reguladoras debido á situación de emerxencia sanitaria de que derivan, mediante a Orde do 13 de novembro de 2020 da Consellería de Facenda e Administración Pública autorízase a que mediante declaración responsable as persoas solicitantes poidan, para os efectos desta axuda, declarar que non teñen débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, Administración do Estado e coa Seguridade Social, segundo o establecido no artigo 11.k) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.

Cuantía de las ayudas

As axudas serán:

a) 1.200 euros para as persoas traballadora autónoma que cumpran cos requisitos establecidos no artigo 6.1.

b) 2.000 euros para aquelas persoas traballadoras autónomas en sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada tal e como vén definido no artigo 6.2.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, cumprindo o disposto no artigo 29 do Regulamento da Lei de Subvencións de Galicia que establece un período mínimo dun mes, ou ben ata o esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

1. As axudas previstas nesta orde serán compatibles coas demais axudas que poidan outorgar as administracións públicas.

2. As persoas beneficiarias teñen a obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude e concesión doutras a xudas.

Referencia legislativa

Orde do 17 de novembro de 2020 (DOG Nº233 do 18/11/2020) - Bases reguladoras

Información y tramitación en

Máis información no teléfono gratuíto 900 815 600 (Luns a venres de 8:00 a 15:00)

* Tramitación:

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberá cubrir, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.

Observaciones

As persoas traballadoras autónomas beneficiarias da axuda deben manter a alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia durante un tempo mínimo de dous meses desde a publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.