El plazo de presentación finalizó el 15/09/2007

INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN INDEFINIDA DAS MULLERES

Finalidad / Objetivo

O obxecto deste programa é favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral das mulleres traballadoras que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, a través dos seguintes tipos de incentivos:
Axudas ás contratacións indefinidas iniciais que se realicen con traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego e pertencentes a algún dos colectivos relacionados no artigo 3º.

Axudas ás transformacións en indefinidos de contratos para a formación, en prácticas, de revezamento, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade, calquera que sexa a data da súa celebración, sempre que no momento da contratación temporal a muller fose maior de 31 anos.

Tipos de apoyo

Axudas a fondo perdido

Beneficiarios potenciales

Empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos, sociedades civís e comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras por conta allea pertencentes a algún dos colectivos relacionados no artigo 3º, para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos e de acordo cos requisitos e condicións establecidos na orde de convocatoria.

Sectores incentivables

Todos

Requisitos principales del proyecto

As empresas deberán cumprir as seguintes condicións e requisitos:
A taxa de estabilidade do cadro de persoal no mes da contratación obxecto de solicitude de subvención, deberá ser igual ou superior ao 72,50%.

Para os efectos do anterior, entenderase por taxa de estabilidade a porcentaxe de persoal traballador fixo sobre o total do cadro de persoal no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.

Como consecuencia da contratación indefinida, inicial ou transformación, que se fomenta ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos doce meses anteriores á data de inicio da prestación laboral, sendo unicamente subvencionables as contratacións que superen a dita media.

Para os efectos do cómputo do incremento do cadro de persoal fixo, non se terán en conta as baixas dos traballadores que se producisen por propia vontade do traballador ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas.

As contratacións indefinidas iniciais deberán supoñer incremento do cadro global de persoal da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos 12 meses anteriores á data de inicio da prestación laboral pola que se solicita subvención.

Cualificación requerida del proyecto

Defínense como colectivo beneficiario as mulleres desempregadas maiores de 31 anos nas que concorra algunha das seguintes circunstancias:
Mulleres desempregadas de longa duración: toda muller que estivera sen traballo 12 dos anteriores 16 meses, ou durante 6 meses dos anteriores 8, se fose maior de 45 anos.
Mulleres desempregadas titulares de familias monoparentais que teñan cargas familiares ou desempregadas de unidades familiares nas que ningún dos seus membros en idade laboral obteña rendas de calquera natureza superiores ao 75% do IPREM vixente no momento da solicitude.
Mulleres desempregadas, cando se contraten para prestar servizos en profesións ou ocupacións nas que estean subrepresentadas segundo a orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do 16 de setembro de 1998 (BOE do 29 de setembro) para o fomento do emprego estable de mulleres nas profesións e ocupacións con menor índice de emprego feminino.
Mulleres desempregadas que se reincorporen ao mercado de traballo tras unha ausencia prolongada dun mínimo de dous anos.
Mulleres desempregadas que sexan contratadas nos 24 meses seguintes á data do parto.
Mulleres desempregadas demandantes de primeiro emprego.
Mulleres desempregadas que non estean incluídas en ningún dos colectivos anteriores.

Cuantía de las ayudas

As contratacións indefinidas iniciais realizadas con mulleres desempregadas maiores de 31 anos, incentivaranse cunha axuda de ata 7.500 euros, cando a muller contratada pretenza a algún dos seguintes colectivos:

a) Mulleres desempregadas de longa duración: toda muller que estivera sen traballo 12 dos anteriores 16 meses, ou durante 6 meses dos anteriores 8, se fose maior de 45 anos.
b) Mulleres desempregadas titulares de familias monoparentais que teñan cargas familiares ou desempregadas de unidades familiares nas que ningún dos seus membros en idade laboral obteña rendas de calquera natureza superiores ao 75% do IPREM vixente no momento da solicitude.
c) Mulleres desempregadas, cando se contraten para prestar servizos en profesións ou ocupacións nas que estean subrepresentadas segundo a orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do 16 de setembro de 1998 (BOE do 29 de setembro) para o fomento do emprego estable de mulleres nas profesións e ocupacións con menor índice de emprego feminino.
d) Mulleres desempregadas que se reincorporen ao mercado de traballo tras unha ausencia prolongada dun mínimo de dous anos.
e) Mulleres desempregadas que sexan contratadas nos 24 meses seguintes á data do parto.
f) Mulleres desempregadas demandantes de primeiro emprego.

As contratacións indefinidas iniciais realizadas con mulleres desempregadas maiores de 31 anos que non estean incluídas en ningún dos colectivos anteriores, incentivaranse cunha axuda de ata 2.000 euros. Cando as ditas mulleres procedan de empresas en crise, as contratacións incentivaranse cunha axuda de ata 7.500 euros.

As transformacións en indefinidos de contratos para a formación, en prácticas, de revezamento, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade, celebrados con mulleres que na data do contrato temporal fosen maiores de 31 anos, incentivaranse cunha axuda de ata 3.000 euros.

Os incentivos anteriormente sinalados reduciranse proporcionalmente ao tempo efectivo de traballo cando o contrato se realice a tempo parcial.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes de axuda será de dous meses contados desde a data na que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido.

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 15 de setembro de 2007, aínda que nesa data non transcorresen dous meses desde a celebración do contrato obxecto da subvención.

As solicitudes de axudas polas contratacións indefinidas iniciais de mulleres desempregadas maiores de 31 anos pertencentes aos colectivos establecidos no artigo 3º e polas transformacións en indefinidos de determinados contratos temporais, que reúnan os requisitos e condicións establecidos na orde de convocatoria, realizadas desde o 16 de setembro do 2006 e ata a data da publicación da orde, poderán presentarse ata o 30 de xuño de 2007, sempre que cumpran os requisitos e condicións establecidos na mesma.

Referencia legislativa

Orde do 25 de maio de 2007 (DOG Nº104 do 31/05/2007) - Bases reguladoras

Información y tramitación en

Dirección Xeral de Promoción do emprego - Consellería de Traballo
Teléfono: 981 54 56 12 / 981 54 47 21 / 981 95 77 31