El plazo de presentación finalizó el 23/09/2011

MELLORA DA COMPETITIVIDADE DAS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS GALEGAS

Finalidad / Objetivo

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2011 das axudas á mellora da competitividade das explotacións leiteiras, a través da redución dos custos de produción, cofinanciadas co Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007 - 2013.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarios as persoas físicas e xurídicas titulares de explotacións leiteiras que cumpran os requisitos recollidos no artigo 3 e que acometan investimentos que supoñan unha mellora da competitividade da súa explotación.

Para solicitar a axuda presentarán unha solicitude, segundo o modelo que se especifica no anexo I, xunto coa documentación acreditativa do cumprimento das condicións, que, segundo o tipo de titular -persoa física, xurídica ou comunidade de bens- e as características da explotación, será a seguinte:

En todos os casos a persoa solicitante deberá:
a) Ser titular dunha explotación agraria que teña cantidade de referencia asignada ao inicio da campaña láctea en vigor.
b) Presentar un plan de mellora da competitividade da súa explotación conforme o indicado no artigo 4º.
c) Presentar documento de compromiso de exercer a actividade agraria na produción de leite na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco anos contados desde a data da concesión da axuda, así como cumprir as normas aplicables exixibles.
d) Acreditar a súa viabilidade económica na produción de leite de vaca, de acordo coa marxe neta establecida pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria para esta orientación produtiva, e tendo en conta que unha explotación é viable economicamente cando a súa renda unitaria de traballo non sexa inferior ao 20% da renda de referencia.
e) Xustificar estar ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e de que non ten ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.
g) Non ter sido sancionado polo incumprimento da normativa relativa ao saneamento gandeiro, da normativa vixente en materia de calidade do leite cru nos tres anos anteriores á data de solicitude de axuda, e estando acollido a un programa de calidade do leite, non se detectasen incumprimentos sobre este nos controis realizados sobre o terreo que desen lugar á exclusión das axudas do pagamento adicional lácteo no ano anterior ao da convocatoria destas axudas.
h) Acreditar un volume de emprego de polo menos unha UTA, o cal se efectuará de acordo co establecido no artigo 13 do Decreto 253/2008, do 30 de outubro, polo que se crea e regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
i) Posuír a capacitación profesional suficiente, o cal se deberá acreditar de acordo co referido no artigo 17 do Decreto 253/2008, do 30 de outubro, polo que se crea e regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

As persoas físicas titulares, ademais do indicado no número 1, deberán ter dezaoito anos cumpridos e non ter cumpridos os sesenta e cinco. O requisito da idade xustificarase mediante copia cotexada do DNI.

Sectores incentivables

Sector leiteiro

Requisitos principales del proyecto

Condicións do plan de mellora da competitividade:

1. O plan de mellora da competitividade suporá unha mellora integral e duradeira da economía da explotación leiteira, orientado cara a estratexias de redución de custos que permitan incrementar a súa competitividade, polo que os investimentos elixibles se destinarán ás seguintes prioridades:

-A redución dos custos na produción leiteira.
-A maximización do uso de recursos propios da explotación.
-A redución dos gastos en enerxía, mediante o aforro e a eficiencia enerxética.
-A substitución do uso de enerxías convencionais por enerxías renovables.

2. O plan de mellora da competitividade deberá demostrar, mediante cálculos específicos, que os investimentos están xustificados desde o punto de vista da situación da explotación e da súa economía, e que a súa realización suporá unha mellora do rendemento global da explotación leiteira.

3. Considerarase que un plan de mellora da competitividade cumpre as condicións establecidas no parágrafo anterior cando, tras a súa realización, non diminúa a renda unitaria de traballo da explotación ou, nos casos en que se incremente o número das UTA dela, non diminúa a súa marxe neta da mesma.

4. No caso de que o plan de mellora da competitividade prevexa financiar investimentos que supoñan unha redución dos gastos en enerxía, ou favorezan o aforro enerxético, estes deberán estar xustificados nunha documentación técnica que detalle as medidas de aforro e de eficiencia enerxética da explotación e as de substitución do uso de enerxías convencionais por enerxías renovables, de acordo co anexo III. Ademais, no momento da certificación deste tipo de investimentos, o beneficiario deberá achegar, xunto co resto de documentación, o anexo III correspondente ao investimento executado.
Por outra banda, cando se realicen investimentos para a producción de enerxía térmica e/ou electricidade procedentes de fontes renovables en explotacións agrarias, as instalacións dedicadas a producción de enerxía renovable poderán optar á axuda unicamente se a súa capacidade non é superior ao equivalente ao consumo medio anual combinado de enerxía térmica e electricidade na explotación agrícola, incluída a unidade familiar da explotación, o cal será avalado por un informe dun técnico competente ou instalador autorizado.

5. Así mesmo, o plan de mellora da competitividade deberá incluír:

a) Unha descrición das situacións anterior e posterior á realización do plan, establecidas en función dun orzamento estimativo e comprendendo, cando menos, os seguintes datos:

1º Superficie da explotación, especificando a dos distintos cultivos e cabezas de gando, e rendementos medios.
2º Maquinaria e equipamento, melloras territoriais e edificios.
3º Composición e dedicación da man de obra familiar e asalariada.
4º Produción bruta da actividade.
5º Gastos da actividade produtiva e gastos fixos do conxunto da explotación.

b) Unha descrición dos investimentos previstos.

6. Os agricultores e as agricultoras deberán cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais. Para estes efectos, os servizos técnicos da Consellería do Medio Rural emitirán os informes correspondentes sobre o cumprimento desas normas mínimas.

Inversiones o gastos computables

Contía dos investimentos:

a) Os investimentos elixibles poderán chegar a un máximo de 100.000 euros por UTA, sen superar os 200.000 euros por explotación. Esta limitación circunscríbese ao importe dos investimentos polos que se solicita axuda ao abeiro das ordes destinadas a financiar, cos fondos procedentes do novo reto das medidas de acompañamento á reestruturación do sector lácteo, os investimentos para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras.

Para estes efectos, atribuirase a unha soa explotación beneficiaria o conxunto de plans de investimentos agrarios realizados por calquera titular dela.

Para o cálculo do investimento máximo, en función do límite máximo por UTA, consideraranse as UTA iniciais, de acordo co establecido no artigo 13 do Decreto 253/2008, do 30 de outubro, polo que se crea e regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

b) Cando se trate dun plan de mellora dun agricultor/a mozo/a, o límite máximo de investimento por UTA calcularase en función do número de UTA correspondente á situación posterior á realización do plan de mellora.

c) A determinación das axudas aos investimentos que se vaian realizar nas explotacións efectuarase de acordo coas condicións específicas que correspondan ao municipio asignado á explotación, en función da pertenza a este da fracción maioritaria dos bens, dereitos e elementos da explotación.

Cuantía de las ayudas

A contía máxima da axuda expresada en porcentaxe do importe do investimento será de ata:

a) O 55% nas zonas desfavorecidas incluídas nas listas a que fai referencia o número 4 do artigo 55 do Regulamento (CE) 1257/1999 do Consello ou, de ser o caso, nas listas que se establezan en aplicación do artigo 36, letra a) do Regulamento 1698/2005, do 20 de setembro.

b) O 45% nas demais zonas.

c) A axuda consistirá nunha subvención directa de capital que non poderá superar o límite de intensidade de axuda sobre o investimento total indicado no anterior parágrafo.

d) Non obstante, serán denegadas as solicitudes para investimentos de plan de mellora da competitividade cuxo investimento elixible sexa inferior a dous mil (2.000) euros por explotación.

3. Cando o beneficiario sexa agricultor, menor de 40 anos no momento da súa primeira instalación, que, simultaneamente a ela ou nos cinco anos seguintes, presente un plan de mellora da competitividade regulado nesta orde para a súa explotación, poderá obter unha axuda suplementaria do 10% do investimento, como máximo. Esta axuda suplementaria só procederá cando se aplicase na contía máxima posible a axuda recollida no número 2 deste artigo e concederase na súa integridade cando o plan de mellora da competitividade da explotación corresponda a un agricultor mozo que se instalase ou se fose instalar baixo a modalidade de titularidade exclusiva e en proporción á participación do agricultor mozo no financiamento dos investimentos nas restantes modalidades de instalación.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir da entrada en vigor da orde (ata o 23 de setembro de 2011)

Referencia legislativa

Orde do 23 de setembro de 2009 (DOG Nº 191 do 29/09/2009) - Bases reguladoras
Orde do 12 de agosto de 2011 (DOG Nº 160 do 23/08/2011) - Modificación das bases reguladoras e convocatoria 2011.
Orde do 12 de agosto de 2011 (DOG Nº 165 do 30/08/2011) - Corrección de erros