El plazo de presentación finalizó el 28/01/2012

AXUDAS PARA A IMPLANTACION DE SERVIZOS DE ASESORAMENTO, XESTIÓN E SUBSTITUCIÓN

Finalidad / Objetivo

Implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 (DOG n.º 249, do 29 de decembro) e convocalas para o ano 2012.

Tipos de apoyo

Axuda en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

1.- Axudas para a implantación de servizos de aconsellamento: Entidades privadas sen ánimo de lucro ou cooperativas ou, en ambos os supostos, as súas unións ou federacións, agás as agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG) e as agrupacións de agricultores para tratamentos integrados na agricultura, (Atria), así como as súas unións ou agrupacións.

2.- Axudas para servizos de xestión: Empresas, cooperativas e entidades asociativas do sector agrario.

Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 1, punto 7 do regulamento (CE) nº 800/2008
Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

3.- Axudas á implantación de servizos de substitución: Cooperativas ou entidades asociativas do sector agrario que implanten servizos de substitución para os seus asociados.

Sectores incentivables

Agrario e gandeiro

Inversiones o gastos computables

- Axudas para a implantación de servizos de aconsellamento e/ou xestión:

As axudas poderán concederse ás entidades de aconsellamento e/ou de xestión para os seguintes conceptos.
- Bens inventariables. Quedan excluídos destas axudas a adquisición, construción ou adecuación de bens inmobles, ou a adquisición de material de segunda man. Non serán elixibles os investimentos en medios de transporte.
- Custos brutos anuais dos contratos laborais derivados da contratación de persoal técnico e administrativo necesario como consecuencia da implantación de servizos de aconsellamento e/ou xestión. Na contratación de persoal administrativo subvencionarase como máximo un posto administrativo por entidade solicitante.

Serán subvencionables os investimentos en bens materiais formalizados con posterioridade á solicitude de axuda de cada exercicio e unha vez comunicado o inicio da actividade, sempre que se dite resolución favorable.

No caso dos contratos laborais de persoal, serán admitidos aqueles formalizados con posterioridade á convocatoria destas axudas ata o 30 de setembro do exercicio da convocatoria do ano correspondente, como data límite para a formalización do contrato de traballo. Cando a data do inicio de actividade, segundo o sinalado no punto 5 deste artigo, sexa posterior á solicitude de axuda ao abeiro da convocatoria do ano correspondente, serán subvencionables os contratos desde a data de inicio da actividade. No caso que o inicio da actividade sexa anterior á convocatoria do ano en curso, entón os contratos serán subvencionables desde a data da solicitude do mesmo ano.

- Axudas á implantación de servizos de substitución:

As axudas outorgaranse aos custos salariais derivados da contratación do persoal técnico encargado da substitución.

Serán elixibles aqueles novos contratos formalizados desde a convocatoria destas axudas ata o 30 de setembro do ano da convocatoria, como data límite para a formalización do contrato de traballo.

Cuantía de las ayudas

- Axudas para a implantación de servizos de aconsellamento e/ou xestión:

1.-Os gastos en bens inventariables subvencionaranse durante o período de 5 anos desde a comunicación do inicio da actividade. A intensidade de axuda variará segundo a categoría de empresa de que se trate:
a) No caso de pequenas empresas, a intensidade da axuda terá carácter decrecente, sendo dun 50% no primeiro ano de implantación, 40% no segundo, 30% no terceiro, 20% no cuarto e 10% no quinto.
b) En todo caso, a axuda máxima ao investimento realizado durante o dito período non superará os 18.000 euros de axuda para a 1ª oficina da entidade solicitante, e os 8.000 euros para a segunda e sucesivas.

2.-Os investimentos máximos auxiliables para a contratación de persoal técnico e administrativo son os correspondentes ao custo laboral bruto excluídas axudas de custo de desprazamento e mantemento do persoal laboral das categorías I, II, III e IV que para cada ano estipula a Xunta de Galicia, a través da orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica:
I) Grupo I: titulado superior.
II) Grupo II: titulado medio.
III) Grupo III: FP de grao superior.
IV) Grupo IV: oficial administrativo.
A axuda concederase anualmente por un período de tempo máximo de cinco anos, contados desde a data da implantación do servizo. A intensidade da axuda será de ata un 60% no primeiro ano de implantación, 48% no segundo, 36% no terceiro, 24% no cuarto e 12% no quinto.

-Axudas á implantación de servizos de substitución:

1.-A axuda concederase anualmente por un período máximo de cinco anos e estará dirixida a subvencionar os custos salariais de contratación do persoal técnico cunha intensidade máxima do 80% para o primeiro ano de implantación do servizo, o 64% no segundo, o 48% no terceiro, o 32% no cuarto e o 16% no quinto.

2.Os investimentos máximos auxiliables para a contratación de persoal son os correspondentes aos custos salariais brutos, entendendo como tais o que inclue o salario base, os complementos salariais, os pagamentos por horas extraordinarias, os pagamentos extraordinarios e o pagamentos atrasados, incluidos na nómina da persoa traballadora.
Segundo a titulación do traballador, establécense os seguintes importes máximos auxiliables:
I) Técnico superior en xestión e organización de empresas agropecuarias, ou medio en explotacións gandeiras, agrícolas extensivas e intensivas, ou os seus equivalentes na FP de 2º e 1º grao: 22.000 € anuais.
II) Resto dos traballadores: 18.000 € anuais.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Incompatibilidades

As axudas reguladas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das outorgadas polas distintas administracións públicas, referidas para a mesma finalidade.

O importe máximo das axudas concedidas á contratación de persoal a través desta orde xunto con outras concedidas ao amparo do Regulamento (CEE) 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro (DOL 379, do 28 de decembro) referente á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, non poderán superar o límite de 200.000 euros en tres anos.

Referencia legislativa

Orde do 22 de decembro de 2010 (DOG Nº249 do 29/12/2010) - Bases reguladoras e convocatoria 2011
Orde do 22 de decembro de 2011 (DOG Nº247 do 28/12/2011) - Modificación das bases e convocatoria 2012

Información y tramitación en

Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.
Tfno 981 544777