El plazo de presentación finalizó el 24/02/2014

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN - SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTOS INNOVADORES (IN848A)

Finalidad / Objetivo

Incentivar o desenvolvemento de actuacións que incidan na capacidade competitiva das empresas e que incrementen a súa capacidade tecnolóxica e innovadora mediante a dotación de recursos materiais específicos para desenvolver os seus proxectos de innovación, así como a dotación específica de unidades de I+D como vía de mellora da súa competitividade mediante a posta no mercado de novos ou mellorados produtos ou servizos, e a transferencia de tecnoloxía entre organizacións densas en coñecemento e orientadas á innovación.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

Empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

Exclúense como posibles beneficiarios da presente convocatoria as empresas en crise e os solicitantes que estean suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que tivera declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Sectores incentivables

Segundo o establecido no Regulamento (CE) núm. 800/2008, non se aplicarán a axudas en favor das actividades seguintes:

a) Os produtos da pesca e a acuicultura.
CNAE 09: grupo 10.2 (todas as clases).

b) As actividades relacionadas coa produción primaria de produtos agrarios mencionadas no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea e as relacionadas coa transformación, fabricación e comercialización de produtos agrarios cando o importe da axuda se fixe sobre a base do prezo ou a cantidade de tales produtos comprados aos produtores primarios ou comercializados polas empresas en cuestión; ou cando a axuda se repercuta total ou parcialmente sobre os produtores primarios (agricultores).
CNAE 09: divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases).

c) O sector da industria siderúrxica.
CNAE 09: grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51 e 24.52.

d) O sector de fibras sintéticas conforme a definición que recolle o anexo II das directrices comunitarias sobre as axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08).

e) O sector do carbón e do aceiro.
CNAE 09: división 05 (todos os grupos e clases).

f) O sector da construción naval.
CNAE 09: clase 30.11.

g) Tampouco poderán aplicarse as axudas a actividades relacionadas coa exportación, concretamente as axudas directamente vinculadas ás cantidades exportadas, as axudas ao establecemento e funcionamento dunha rede de distribución ou as axudas a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora.

Requisitos principales del proyecto

Subvencionaranse os investimentos dirixidos a:

a) Investimentos innovadores.

a.1) Creación dun novo centro produtivo; a ampliación dun establecemento da empresa solicitante coa finalidade de permitir o desenvolvemento de novos produtos e procesos.

a.2) Diversificación da produción dun establecemento para atender mercados de produtos novos e adicionais.

a.3) Unha transformación fundamental de carácter innovador no proceso global de produción dun establecemento existente.

b) Dotación de unidades de I+D. Creación e ampliación da capacidade tecnolóxica estable dentro das empresas mediante estruturas de investigación e innovación de dimensión apropiada para a xeración de desenvolvemento tecnolóxico e non asociadas á actividade produtiva.

c) Transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de licenzas relativas a invencións.

Inversiones o gastos computables

Terán a consideración de gastos subvencionables:

a) Realización de investimentos en maquinaria necesaria para o proxecto sempre que supoñan unha mellora tecnolóxica significativa e innovadora nos procesos ou na actividade da empresa. No sector do transporte non serán subvencionables os medios e equipamentos de transporte.

b) Adquisición de equipamento específico para o incremento da capacidade tecnolóxica e innovadora da unidade de I+D da empresa.

c) Instalacións e acondicionamentos imprescindibles para o funcionamento dos equipamentos adquiridos. Subvencionarase aquelas instalacións e acondicionamentos específicos para algún dos investimentos subvencionados nos puntos 2.a) e 2.b) deste artigo sempre que non sexan xenéricas (exclúense os gastos correspondentes a mobiliario, material de oficina, iluminación e pintura). O custo por este concepto non poderá ser superior ao 25 % do total do investimento.

d) Custo en concepto de adquisición de dereitos sobre títulos de propiedade industrial relativos a invencións que fosen outorgados por un organismo oficial. Os titulares e/ou os inventores do título correspondente non poderán ter relación laboral ou societaria coa empresa solicitante da axuda.

Poderán ser subvencionables os proxectos cun custo subvencionable entre 50.000 euros e 300.000 euros para as axudas que teñen por obxecto os investimentos innovadores descritos no artigo 1.2.a) destas bases; e cun custo subvencionable superior a 30.000 euros para as dotacións de unidades de I+D descritas no artigo 1.2.b) destas bases. Fóra dos límites marcados por estas cantidades, non serán atendidas as solicitudes de subvención.

Non se establece custo mínimo para os investimentos de transferencia de tecnoloxía descritos no artigo 1.2.c) destas bases.

Non se admitirán aqueles gastos facturados entre empresas asociadas ou vinculadas atendendo ás definicións do artigo 7 desta resolución de convocatoria.

Os investimentos integrados nunha mesma solicitude de axuda deben referirse a unha única solución técnica. Cada unha das solicitudes só poderá ter por obxecto investimentos encadrados nunha das categorías descritas no artigo 1.2 destas bases.

Estas subvencións terán unha única anualidade; por tanto, só se admitirán aqueles gastos, dos relacionados no punto 2, que fosen realizados e pagados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e a data límite de xustificación.

Cuantía de las ayudas

A intensidade da subvención concedida será do 30 % do custo subvencionable para grandes empresas, do 40 % para medianas empresas e do 50 % para pequenas empresas no caso de teren un único proxecto concedido. As intensidades de subvención calcularanse en termos de equivalente de subvención bruta. Non obstante, as empresas do sector de transporte estarán limitadas a unha subvención do 30 % do custo subvencionable.

Co obxecto de maximizar a eficiencia dos orzamentos asignados a estas axudas, establécese que o número máximo de proxectos que poderán ser subvencionados para un mesmo beneficiario será de tres.

Para o caso de que se subvencione un segundo proxecto a un mesmo solicitante, a intensidade bruta de subvención neste caso será dun 80 % da porcentaxe concedida para o primeiro.

Para o caso de que se subvencione un terceiro proxecto a un mesmo solicitante, a intensidade bruta de subvención neste caso será dun 60 % da porcentaxe concedida para o primeiro.

Os proxectos financiables serán subvencionados coa procentaxe indicada nos parágrafos anteriores deste artigo, por orde decrecente de puntuación acadada por eles, ata o esgotamento do crédito.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último de mes.

Os formularios de solicitude das subvencións deberanse obter, cubrir, aceptar e imprimir, no caso de que a presentación non sexa telemática, necesariamente a través da aplicación informática establecida nos enderezos da internet https://sede.xunta.es ou http://gain.xunta.es. Poderanse cubrir, obter e aceptar os formularios válidos de solicitude ata as 24.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Incompatibilidades

As axudas previstas nesta resolución serán incompatibles con calquera outra das liñas de axudas xestionadas pola anterior Dirección Xeral de I+D+i ou a Axencia Galega de Innovación para o mesmo proxecto e con calquera outra que se atope cofinanciada con fondos da UE. Polo demais, estas axudas serán compatibles con calquera outra destinada ao mesmo proxecto, calquera que for a súa natureza e a entidade que a conceda, sempre que o conxunto das axudas acadadas non exceda, en termos de equivalente de subvención bruto (ESB), a porcentaxe fixada no artigo 2.1 do anexo I da convocatoria.

Referencia legislativa

Resolución do 30 de decembro de 2013 (DOG Nº16 do 24/01/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2014

Información y tramitación en

1. Sobre os procedementos recollidos nesta resolución poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación, a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web oficial da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.es/), na súa epígrafe de Axudas.

b) Nos teléfonos 981 95 73 92 e 981 95 73 87 da devandita axencia.

c) No enderezo electrónico infosegapi.gain@xunta.es

d) Presencialmente.

•As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXAP-PAC), utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Observaciones

Para xustificar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar na data límite do 31 de outubro de 2014, a documentación indicada no artigo 18 das bases.