El plazo de presentación finalizó el 13/11/2010

AXUDAS PARA O FOMENTO DO USO DAS DEDUCIÓNS FISCAIS E BONIFICACIÓNS NA COTIZACIÓN Á S.SOCIAL POR ACTIVIDADES DE I+D+I (IN847A)

Finalidad / Objetivo

O obxecto das subvencións reguladas nestas bases é o fomento do uso das deducións fiscais e das bonificacións na cotización á Seguridade Social por actividades de I+D+i no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarios as persoas físicas que actúan como empresarios individuais ou as persoas xurídicas con forma de sociedade privada validamente constituídas no momento de presentación da solicitude mediante escritura de constitución, se é o caso debidamente inscritas nos correspondentes rexistros oficiais, cando este requisito for exixible segundo a lexislación mercantil aplicable. Os beneficiarios destas subvencións deberán ter o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Non terán a condición de beneficiarios as asociacións de empresas ou outras entidades sen ánimo de lucro.


2. Quedan excluídas/os da aplicación desta axuda as axudas á exportación, así como as axudas concedidas ás empresas do sector pesqueiro e ás empresas especializadas na produción agrícola primaria.

Inversiones o gastos computables

Estas subvencións destinaranse a atender os gastos derivados das seguintes actividades:

Modalidade A.-Solicitude de informes motivados de carácter vinculante do Ministerio de Ciencia e Innovación, ou organismo adscrito a este, relativos ao cumprimento dos requisitos científicos e tecnolóxicos, para os efectos de cualificar as actividades como I+D+i e aplicar a dedución fiscal por actividades de investigación e desenvolvemento e innovación tecnolóxica, que incluirán un certificado de actividade de I+D+i emitido por unha entidade acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación (Enac) para a emisión destes certificados.

Modalidade B.-Realización de accións destinadas a adquirir a sistemática de uso das deducións fiscais por actividades de I+D+i e a capacidade de autoliquidación destas actividades.

Modalidade C.-Solicitude de informes motivados de carácter vinculante do Ministerio de Ciencia e Innovación, ou organismo adscrito a este, relativo ao cumprimento dos requisitos científicos e tecnolóxicos do persoal investigador, para os efectos de aplicar as correspondentes bonificacións na cotización á Seguridade Social. que incluirán un certificado de actividade de I+D+i emitido por unha entidade acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación (Enac) para a emisión destes certificados.

5. Consideraranse como gastos subvencionables os seguintes:

Modalidade A.-Aplicación das deducións fiscais por actividades de I+D+i.

A-1. Os gastos externos de consultoría necesarios para a certificación dos proxectos e solicitude de informes motivados, de ser o caso.

A-2. Os gastos da certificación emitida por unha entidade acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación (Enac) para a emisión destes certificados.

Modalidade B.-Accións destinadas a adquirir a sistemática de uso das deducións fiscais por actividades de I+D+i.

B-1. Os gastos externos de consultoría externa para a xestión da carteira de proxectos e da posible desgravación fiscal, de ser o caso.

B-2. Os gastos de persoal interno da empresa necesarios para o emprego as deducións fiscais (certificación de proxectos, solicitudes de informes motivados, etc.). Este persoal deberá ter relación laboral contractual coa empresa beneficiaria da subvención.

A imputación de gastos por estes dous conceptos é incompatible entre si.

Modalidade C.-Aplicación das bonificacións á Seguridade Social do persoal investigador en actividades de I+D+i.

C-1. Os gastos externos de consultoría necesarios para a certificación dos proxectos e solicitude de informes motivados, de ser o caso.

C-2. Os gastos da certificación emitida por unha entidade acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación (Enac) para a emisión destes certificados.

Estas subvencións terán unha única anualidade, por tanto só se admitirán aqueles gastos dos relacionados no número 5 que fosen realizados e pagados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2010 e a data de presentación da solicitud de subvención.

Cuantía de las ayudas

As cantidades máximas de axuda que se poderán conceder ao abeiro desta orde de convocatoria, respecto do custo subvencionable, son as seguintes:

-Ata o 60%: se o solicitante é unha peme.
-Ata o 30%: se o solicitante é unha grande empresa.

Alén disto, establécense os seguintes límites do importe que se vai conceder:

-Modalidade A.-Accións necesarias para a solicitude de informes motivados para deducións fiscais: 4.000 € por proxecto.

-Modalidade B.-Actividades destinadas a adquirir a sistemática de uso das deducións fiscais por actividades de I+D+i: 12.000 € por entidade.

-Modalidade C.-Accións necesarias para a solicitude de informes motivados para as bonificacións na cotización á Seguridade Social: 3.000 € por entidade.

As axudas recibidas por unha mesma entidade non poden exceder 500.000 euros (todas as cifras utilizadas serán importes brutos, é dicir, antes de impostos ou doutras deducións), aínda que se computarán para a dita acumulación tamén as axudas recibidas por unha mesma entidade acollidas ao réxime de minimis, entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2010, e non poden as axudas acollidas ao marco ir destinadas aos mesmos custos subvencionables que as axudas mínimis recibidas.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 13 de novembro de 2010, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito previsto no artigo 2º das bases reguladoras.

O prazo para iniciar solicitudes a través da aplicación informática remata 24 horas antes do prazo de presentación.

Incompatibilidades

As axudas reguladas nesta orde serán incompatibles con calquera outra outorgada, para os mesmos gastos, por calquera Administración, organismo ou ente público ou privado.

Establécense as seguintes incompatibilidades das axudas recollidas nesta convocatoria:

-Modalidade A.-É compatible soamente coa modalidade B.

-Modalidade B.-É compatible coas modalidades A e C.

-Modalidade C.-É compatible soamente coa modalidade B.

Referencia legislativa

Orde do 25 de maio de 2010 (DOG Nº104 do 25/05/2010) - Bases reguladoras e convocatoria 2010

Información y tramitación en

Dirección xeral de I+D+i, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería (http://economiaeindustria.xunta.es).

b) Os teléfonos 881 99 91 60 e 881 99 91 56.

c) O enderezo electrónico cei.infosegapi@xunta.es

d) Presencialmente.