Fomentar a organización e asistencia a feiras e certames comerciais específicos do sector silvícola, accións formativas encamiñadas á mellora da cualificación empresarial e dos traballadores e accións de promoción xenérica e estudos sectoriais orientados a mellorar a transparencia e información do mercado de produtos silvícolas.
Subvención a fondo perdido.
As asociacións e entidades sen ánimo de lucro, con enderezo social en Galicia, relacionadas cos sectores de comercialización e transformación dos produtos forestais.
SECTOR FORESTAL
Subvencionaranse as actividades formativas, dirixidas a empresarios e traballadores de empresas comercializadoras de produtos silvícolas, accións de promoción xenérica sectorial e estudos do sector orientados á mellora da comercialización, organización e asistencia a feiras.
As accións desenvolveranse durante o ano 2004, podendo prolongarse durante o ano 2005 as relativas a estudos e accións formativas.
Non se require cualificación específica.
Consideraranse auxiliables os gastos de consultoría, contratación de persoal, formación e organización e asistencia a exposicións e feiras.
Os estudos, as accións formativas e a organización das feiras terán unha subvención de ata un 75%.
Para as asistencias a feiras e certames comerciais seguiranse os seguintes criterios: no territorio peninsular, 40% dos gastos subvencionables para as asistencias organizadas conxuntamente e fóra da península Ibérica, 50% dos gastos subvencionables.
40 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no DOG (07/10/2004).
As axudas serán compatibles con calquera outra destinada aos mesmos fins e procedentes de administracións públicas, salvo fondos comunitarios distintos do Feoga, sen superar os custos totais das accións obxecto de axuda.
Orde do 30 de setembro de 2004 (DOG 07/10/04).
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE. DIRECCIÓN XERAL DE MONTES E INDUSTRIAS FORESTAIS. TELÉFONO: 981546109
A concesión da axuda efectuarase baixo o réxime de concorrencia competitiva. As accións seleccionaránse segundo os criterios de selección establecidos no artigo 5º da orde.