El plazo de presentación finalizó el 31/03/2015

AXUDAS DO PROGRAMA LEADER GALICIA 2007-2013

Finalidad / Objetivo

Os proxectos e actuacións subvencionables deberán contribuír a acadar algún dos obxectivos indicados a continuación:

a) Aumentar a competitividade dos sectores agrario e forestal.
b) Mellorar o ambiente e o contorno rural.
c) Mellorar a calidade de vida nas zonas rurais e fomentar a diversificación da economía rural.
d) Mellorar a gobernanza das zonas rurais e promover os seus territorios.

Beneficiarios potenciales

a) Medidas 411, 412 e 413:
- As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
- As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
- As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

b) Medida 431:
Os GDR que asinaron o convenio de colaboración con Agader para a xestión dos respectivos programas de desenvolvemento rural.

* Obrigas dos beneficiarios

1. Son obrigas do beneficiario as previstas con carácter xeral no artigo 11 da LSG e as que se establezan especificamente na resolución de concesión. Entre outras, os beneficiarios asumirán as seguintes obrigas:

a) Executar o proxecto ou realizar a actividade, e xustificar o cumprimento dos requisitos e condicións que fundamentaron a concesión da axuda.

b) Respectar o destino do investimento e manter os empregos consolidados durante os 5 anos posteriores á resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes. Para efectos de mantemento de emprego considéranse empregos consolidados os resultantes da análise e valoración da vida laboral, presentada polo promotor, referentes aos últimos doce meses contados desde a data de solicitude de axuda.

Naqueles proxectos que creen 5 ou máis empregos, un terzo destes deberán estar cubertos no momento da solicitude do pagamento final do expediente, admitíndose, respecto dos restantes, que se creen no prazo máximo de 6 meses contados desde a data do pagamento final.
Cada un dos empregos creados deberá manterse durante o período de 5 anos contados desde a súa ocupación.

c) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, polo menos, durante o período de permanencia dos investimentos.

d) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas por Agader, polo GDR, así como a calquera outras actuacións de control que poidan realizar os órganos competentes da Administración autonómica, estatal ou comunitaria, achegando canta información lle sexa requirida para os efectos.

e) Comunicar a obtención doutras axudas, ingresos ou recursos públicos ou privados que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención, no momento en que se coñezan e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dos fondos percibidos.

f) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos neste réxime de axudas, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

g) Adoptar as medidas de difusión e publicidade, nos termos que a continuación se especifican, e someterse ao Plan de comunicación do PDR, que estará a dispor dos interesados na páxina web de Agader:

1º No suposto de investimentos en obra civil, mediante a instalación dunha placa cos logotipos das administracións que cofinancian o proxecto e o logotipo de Leader Galicia 2007-2013, segundo o modelo que os GDR facilitarán aos promotores.

2º Cando os investimentos en obra civil sexan de importe superior a 50.000 euros deberá de colocarse un panel publicitario, segundo o modelo que os GDR facilitarán aos promotores. Este panel manterase visible durante a execución do proxecto e ata a certificación final. No caso das infraestruturas e investimentos por importe superior a 500.000 euros este panel terá carácter permanente.
Os gastos derivados da instalación de placas e paneis terán a consideración de custo elixible.

3º Se o investimento consiste en maquinaria ou elementos móbiles, mediante a colocación dun adhesivo perdurable cos logotipos das administracións financiadoras e o logotipo de Leader Galicia 2007-2013.
Tratándose de estudos, publicacións e outros materiais gráficos, mediante a inclusión dos logotipos das administracións financiadoras e o logotipo de Leader Galicia 2007-2013 nas portadas.

4º As publicacións, carteis, audiovisuais e calquera información ofrecida por medios electrónicos que versen sobre medidas e actividades cofinanciadas por Feader indicarán claramente na páxina de portada a participación da comunidade e a contribución do Feader ao financiamento. Os sitios web, ademais, deberán incluír un enlace co sitio web da Comisión dedicado ao Feader.

2. Os bens subvencionados quedarán afectos á actividade subvencionada un mínimo de cinco anos desde á resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes. No caso de bens inscritibles nun rexistro público deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida; estes datos deberán ser inscritos rexistro público correspondente.

3. No caso de proxectos técnicos, estudos, planos e outros de natureza similar, o beneficiario deberá garantir a súa dispoñibilidade pública durante un período mínimo de 5 anos contados desde a resolución de pagamento final do proxecto.

Requisitos principales del proyecto

Para os efectos da aplicación do programa Leader Galicia 2007-2013, terá a consideración de territorio elixible todo o territorio rural galego, con exclusión das entidades singulares de poboación de máis de 2.000 habitantes sitas nos concellos non comprendidos nas zonas de reequilibrio do Plan de reequilibrio territorial de Galicia 2007-2010.

O programa de desenvolvemento rural que elabore un GDR para poder concorrer a esta convocatoria deberá ter como ámbito territorial unha das áreas de actuación definidas no anexo I destas bases.


A estratexia proposta por cada GDR incluíra, como posibles actuacións, operacións correspondentes ás seguintes medidas:

a) Medida 411 - Dinamización do sector agrario e forestal:

1º Investimentos no sector agrario. Proxectos de investimento en explotacións agrarias, coa finalidade de mellorar o seu rendemento global, nos seguintes supostos:

– Que impliquen a introdución de novas técnicas de produción no sector.
– Os que teñan como obxectivo a recuperación de variedades tradicionais.
– Os relacionados co apoio a novas producións non existentes ou testemuñais no territorio do GDR.
– Os que afecten producións extensivas en áreas ambientalmente sensibles.

2º Aumento do valor económico dos montes. Proxectos que impliquen a posta en valor de superficies de montes veciñais en man común ou de asociacións de propietarios, sempre que sexan actuacións singulares, excluíndo as plantacións forestais regulares e os tratamentos silvícolas asociados a elas.

3º Aumento do valor engadido dos produtos agrarios e forestais, unicamente nos casos en que non exista outra liña ou medida en que o proxecto ou actuación puidese ser encadrable, sempre que non estea sometido a unha limitación sectorial polo departamento competente.

b) Medida 412 - Mellora ambiental e do contorno rural:

1º Investimentos non-produtivos en explotacións agrarias.

2º Investimentos non-produtivos en espazos forestais.

3º Investimentos non-produtivos para a adecuación, recuperación e posta en valor do patrimonio natural no contorno rural.

c) Medida 413 - Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida:

1º Diversificación das explotacións agrarias cara a actividades non agrarias.

2º Creación, ampliación e modernización de pemes.

3º Fomento de actividades turísticas.

4º Servizos básicos para a economía e a poboación rural.

5º Renovación e desenvolvemento de poboacións rurais e conservación e mellora do patrimonio rural.

Cualificación requerida del proyecto

-

Inversiones o gastos computables

Con carácter xeral, son subvencionables:

a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles.

A subvencionabilidade dos edificios xa construídos e dos terreos sobre os que se asentan axustarase aos seguintes condicionantes:

1º Deberá achegarse un certificado dun taxador independente, acreditado como tal, cualificado ou dun organismo debidamente autorizado (cámara oficial etc) que confirme que o prezo de compra non supera o valor de mercado e que o ben se axusta á normativa que resulte de aplicación.
2º Que se achegue unha declaración do propietario que acredite que o ben inmoble non recibiu nos últimos 10 anos ningunha subvención nacional ou comunitaria.
3º Os edificios quedarán afectos ao destino previsto durante un período non inferior a 5 anos ou o tempo que exixa a normativa sectorial.
4º Non poderán albergar servizos administrativos de carácter público.
5º De se tratar da compra de edificios, o importe do investimento aplicable á adquisición non superará a porcentaxe do 100 % respecto dos gastos subvencionables.

b) Instalacións e compra de maquinaria e equipamentos, incluídos programas informáticos, ata o valor de mercado.

c) Equipamento e material non funxible.

O equipamento e a maquinaria de ocasión ou de segunda man serán subvencionables nas seguintes condicións:

1º Que o beneficiario teña a condición de peme.
2º Que se presente unha declaración do provedor sobre a orixe do ben, confirmando que non foi adquirido con axuda nacional ou comunitaria.
3º Que o prezo non sexa superior ao valor de mercado, nin ao custo dos bens novos similares.
4º Que cumpra as características técnicas necesarias, así como as normas e os criterios de aplicación.

d) Adquisición de terreos, de acordo co seguinte réxime:

1º Que exista unha relación directa entre a compra e os obxectivos da operación.
2º Que non estean edificados ou o estean con construcións que deban derrubarse como medio para o desenvolvemento e execución da actividade subvencionable.
3º O custo aceptado de adquisición do terreo non poderá superar o 10 % dos gastos subvencionables da operación.
4º Deberá achegarse un certificado dun taxador independente acreditado como tal, ou dun organismo debidamente autorizado (cámara oficial etc) que confirme que o prezo de compra non supera o valor de mercado.

e) Custos xerais, tales como gastos rexistrais e notariais, estudos técnicos, gastos de proxectos, dirección de obra, estudos de viabilidade e outros gastos de consultoría relativos aos investimentos realizados, así como adquisición e expedición de patentes e licenzas, ata o 20 % do investimento subvencionable. No caso das medidas amparadas no Regulamento xeral de exención por categorías, a subvencionabilidade dos activos inmateriais vinculados á transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de dereitos de patentes, licenzas, know-how ou coñecementos técnicos non patentados, deberán cumprir as seguintes condicións:

1º Utilizaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda.
2º Consideraranse activos amortizables.
3º Serán adquiridos a terceiros en condicións de mercado sen que o adquirente estea en posición de exercer control sobre o vendedor ou viceversa.

f) Medios e equipamentos de transporte en proxectos de natureza produtiva, nos seguintes termos:

1º Adquisición de vehículos de transporte afectos en exclusiva a actividades empresariais ou profesionais, segundo se define na normativa tributaria vixente, en proxectos que dean lugar ao inicio dunha actividade económica.
2º Gastos derivados da adecuación de vehículos de transporte de mercadorías para o desenvolvemento da actividade, sempre que non estean obrigados a esa adecuación unha vez iniciada a actividade.
3º En ningún caso se subvencionará a adquisición e/ou adecuación de vehículos no sector do transporte. Para estes efectos, enténdese que operan no sector do transporte as empresas que realizan operacións de transporte por conta allea.

g) Poderán ser subvencionables os gastos en arrendamentos financeiros de adquisición de activos subvencionables, incluído, de ser o caso, o valor da opción de compra, excepto a marxe do arrendador, xuros dos custos de refinanciamento, gastos xerais ou seguros, polo período de vida útil do activo e sen superar o custo de mercado ou a parte proporcional se o contrato finaliza antes.

Soamente serán subvencionables os pagamentos aboados polo arrendatario ao arrendador dentro do período de subvencionabilidade dos gastos.

Plazo de presentación de solicitudes

Desde o día seguinte ao da publicación da súa apertura por cada GDR e durante todo o período de execución do programa, coa data límite que determine o GDR en función da dispoñibilidade de fondos, que en ningún caso excederá o 31 de marzo de 2015.

Incompatibilidades

-

Referencia legislativa

Resolución do 20 de decembro de 2013 (DOG Nº 247 do 27/12/2013) - Bases reguladoras

Información y tramitación en

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

SUBDIRECCIÓN DE RELACIÓNS COS GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Lugar da Barcia, 56
15897 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981547365 / 981547360

Email/s de contacto: alfonso.ruano.prieto@xunta.es, jose.sanles.lopez@xunta.es