Lunes, 15 Septiembre 2014 08:43

La Xunta busca una alianza comercial con Taiwán para consolidar o incremento das empresas que exportan a ese mercado

 O director xeral do Igape, Javier Aguilera, mantivo un encontro co director do Ministerio de Economía de Taiwán, Timothy Tseng Chen Te, e coa directora do Consello para o Desenvolvemento do Comercio Exterior de Taiwán – TAITRA, Inés Wu, para explorar posibles acordos entre organizacións empresariais e compañías de ambos mercados. Economía e Industria confía en consolidar o crecemento das empresas galegas que exportan a ese mercado, 91 durante o ano pasado, un 28% máis ca o ano anterior.

 

Santiago, 13 de setembro de 2014.- O director xeral do Igape, Javier Aguilera, mantivo esta tarde un encontro de traballo co director do Ministerio de Economía de Taiwán, Timothy Tseng Chen Te, e coa directora do Consello para o Desenvolvemento do Comercio Exterior de Taiwán – TAITRA, Inés Wu, co obxectivo de poñer as bases dunha alianza comercial bilateral que impulse a asociación entre compañías de ambos mercados, e permita a Galicia afianzar as súas exportacións a este país asiático, onde 91 empresas galegas venderon as súas mercadorías o ano pasado –un 28% máis que en 2012-.

Produtos pesqueiros, material eléctrico, granito e madeira foron as estrelas da exportación galega a Taiwan, o quinto socio comercial de España en Asia, durante 2013. En sentido contrario, as importacións galegas desde este país de extremo oriente se focalizaron en produtos siderúrxicos, as motocicletas e bicicletas, as ferramentas de man e os artigos deportivos. Comparando exportacións e importacións, a balanza comercial é positiva para Galicia, cunha taxa de cobertura do 230% o pasado ano.

Na reunión desenvolvida na sede do Igape, na que participaron tamén e responsables de captación de investimentos do Instituto, avaliáronse ademais as posibles vías para que as organizacións empresariais de ambas zonas podan chegar a acordos que potencien aínda máis o investimento e a exportación.

Aguilera destacou os apoios da Xunta á internacionalización da economía galega, respaldando ás empresas desde o primeiro diagnóstico ata o mesmo mercado de destino, e potenciando o investimento estranxeiro na nosa comunidade. Neste senso, amosouse convencido de que, a raíz de encontros como o de hoxe, seguirá medrando o número de compañías que venden os seu produtos e servizos en Taiwán.

Cun crecemento económico medio do 4,7% durante os últimos 25 anos, o mercado taiwanés resulta de especial interese para empresas galegas de sectores moi variados, especialmente o agroalimentario, bens de consumo e industriais, infraestruturas e enxeñaría civil ou servizos en xeral.

O Consello para o Desenvolvemento do Comercio Exterior de Taiwán – TAITRA organiza o evento internacional Taiwán Excellence, que se desenvolverá mañá domingo na praza do Obradoiro de Santiago para a promoción de empresas e produtos taiwaneses distinguidos co prestixioso selo de calidade Taiwán Excellence, centrado en sectores como o TIC, industria de bicicletas, ferramentas industriais, compoñentes de automoción e equipamento médico. Neste encontro internacional procederase á entrega de galardóns ao mérito deportivo outorgados por Taiwán Excellence a destacadas figuras do deporte en España.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Inicia sesión para enviar comentarios