Cidadanía e administracións en rede

Xestion-do-conecemento O desenvolvemento de Internet e uso masivo do seu uso propiciou o xurdimento de novas dinámicas de comunicación e interacción.
Este libro convida a seguir interrogándonos sobre como se pode responder con maior transparencia, axilidade e lexitimidade á cidadanía, ao mesmo tempo que tenta involucrar ao cidadán no proceso político e de elaboración de políticas e servizos públicos.

Os autores

Jordi Graells i Costa (www.graells.cat). Licenciado en xeografía humana. Dedícase á comunicación (por web, redes sociais e dispositivos móbiles), á apertura de datos e á xestión do coñecemento na Generalitat de Cataluña. Promotor e fundador da rede XIP (Rede de Innovación Pública) www.xarxaip.cat. Premio Nadal Batle da Universidade das Illes Balears, sobre TIC, na súa cuarta edición 2002 http://bit.ly/nadalbatle. Publicou varios libros e artigos http://bit.lypublicacions, entre os últimos: La promesa del gobierno abierto. Cap. 6 “El arte de gobernar en abierto” (Itaip e InfoDF: México, 2013), INprendedores http://bit.ly/inprendedores Cap. 8 “Colaborando a llevar a la práctica la colaboración” (EOI e Fundación Telefónica: Madrid, 2011) e Trabaja diferente. Redes corporativas y comunidades profesionales http://bit.ly/trabajadiferente. Cap. 3 “Collaborare humanum est” (Generalitat de Cataluña: Barcelona, 2012).

Mentxu Ramilo Araujo é doutora en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade do País Vasco e Máster en Xestión Pública pola Universidade Complutense de Madrid. A súa tese doutoral defendida en 2010 abordou as políticas públicas de promoción da sociedade da información e/ou do coñecemento en Cataluña e Euskadi. Publicou traballos sobre Administración e Goberno electrónicos, participación cidadá e Sociedade da Información e do Coñecemento. Desde o ano 2004 escribe no seu blog “Enredando” reflexións sobre distintas temáticas. No ano 2006 foi vogal do ámbito de Sociedade na Asociación de Internautas de Euskadi, desde onde impulsou a iniciativa TallerWeb1.0 para contar coa opinión da cidadanía á hora de mellorar as páxinas web de varias institucións públicas vascas. O tres últimos anos traballou en Proyelia Innova realizando labores de investigación, formación e coaching dixital. Foi unha das formadoras do programa de inmersión tecnolóxica Barnetegis Tecnolóxicos dirixido a persoas directivas impulsado polo Goberno Vasco.

Descargas

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios