O programa Profesionais 4.0 permitirá aos recentes titulados universitarios e de FP grao superior formar parte dos proxectos de mellora competitiva das empresas galegas, adquirindo experiencia en proxectos de moi diversos ámbitos e mellorando as capacidades do tecido empresarial.
A convocatoria financia a contratación, a tempo completo, con carácter indefinido ou cunha duración mínima de 12 meses, titorizada e con garantías de formación, de novos titulados universitarios e de grao superiro de FP ás empresas ou a outras entidades de soporte. A retribución salarial anual bruta que percibirá cada persoa contratada non será inferior a 19.000 euros.
A solicitante da axuda é a empresa, pero os candidatos deben darse de alta na base de datos para que as empresas poidan contratalos mediante o programa. Unha vez dado de alta,
En concreto, os profesionais a contratar deben cumprir os seguintes requisitos:
- Idade entre os 18 e os 35 anos.
- Titulación que acredite un nivel EQF (marco europeo de cualificacións) 5 ou superior: titulación universitaria (grao/diplomatura ou superior) ou título de técnico superior de formación profesional ou equivalente. No caso de títulos expedidos por centros estranxeiros, deben estar homologados en España.
- Experiencia non superior a 24 meses no grupo de cotización á Seguridade Social correspondente á súa titulación. A efectos destas bases consideraranse grupos de cotización correspondentes á titulación os 1 e 2 no caso das persoas con titulación universitaria e os 3 e 5 no caso das persoas con titulación de formación profesional.
- Estar dados de alta coma demandantes de emprego (ou demandantes de mellora de emprego) no Servicio Público de Emprego.
- Non ter sido contratado anteriormente pola entidade solicitante.
- Non ter vínculos de parentesco (cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive) cos cargos de dirección ou membros dos órganos de administración do solicitante ou das súas empresas vinculadas.
A previsión de funcionamento do programa é a seguinte (a data de resolución é indicativa):
A axuda é válida para contratos que se realicen entre a solicitude da axuda e 6 meses despois da resolución. Téñase en conta que para recibir a axuda é imprescindible que as persoas contratadas estean previamente na base de datos de candidatos do IGAPE, e que esta base pechará o seu acceso no momento de publicación da resolución.
A base de datos estará aberta ao público de xeito anónimo (sen indicar os datos persoais dos candidatos). As empresas que xa teñan solicitado o programa poderán acceder sucesivamente a contactar aos candidatos que máis lles interese. O IGAPE xestionará este proceso.
As axudas prevén os seguintes ámbitos de mellora:
a) Optimización financeira/mellora do circulante.
b) Profesionalización da produción e a cadea loxística.
c) Relanzamento comercial.
d) Xestión por procesos e sistemas de xestión da calidade.
e) Imaxe e comunicación empresarial.
f) Deseño e desenvolvemento da estratexia empresarial.
g) Identificación e desenvolvemento de redes de cooperación e socios.
h) Innovación empresarial.
i) Desenvolvemento do capital humano.
j) Execución de vixilancia tecnolóxica/intelixencia competitiva.
k) Asesoramento integral ao proceso emprendedor.
l) Dixitalización da empresa.
m) Creación de contidos dixitais.
n) Incorporación efectiva de tecnoloxía.
Os candidatos poderán especificar no momento da alta ata tres destes ámbitos, co fin de axudar ás empresas coa súa selección.
- No requisito de experiencia máxima de 24 meses, computan as bolsas formativas que constan na vida laboral como grupo 1?
Si, calquera experiencia nos grupos de cotización 1 e 2 no caso das persoas con titulación universitaria e os 3 e 5 no caso das persoas con titulación de formación profesional será tida en conta, independentemente de cal fora a súa orixe.
(será actualizado segundo vaian xurdindo dúbidas de carácter xeral)