Un estudo do Foro Económico Mundial define catro principios organizativos, que comparten o obxectivo de reducir ineficiencias e mitigar riscos financeiros e operativos mentres se prepara unha organización para a transformación dixital a longo prazo ou para o investimento en oportunidades dixitais a curto prazo.
1.- Establecer unha propiedade clara interna sobre os investimentos dixitais:
- Construír unha propiedade clara e xerarquizada sobre cada investimento en todos os niveis xerárquicos organizativos e do proxecto.
- Establecer metas e incentivos aos propietarios de cada investimento aliñados coa visión dixital xeneral.
2.- Invertir en casos de uso, non en tecnoloxías:
- Asegurarse de que cada investimento dixital está construído sobre un caso de uso claro, o cal, á súa vez, está integrado cunha función existente na empresa (por exemplo, márketing, vendas, cadea de subministración).
- Crear métricas e indicadores específicos para os investimentos dixitais e realizar un seguimento do rendemento en como axudan a lograr obxectivos de negocio tradicionais.
3.- Seguir un enfoque baseado en resultados:
- Adoptar un enfoque baseado en resultados e ser claro sobre o problema a resolver e a solución dixital relevante.
- Enfocar o liderado na estratexia e as capacidades dixitais e entender as demandas e avaliacións crave a longo prazo das partes interesadas, sobre a adecuación das infraestruturas tecnolóxicas.
4.- Fracasar rápido e fallar barato:
- Usar métodos de proba e erro, prototipos e estruturas dinámicas para optimizar o ciclo de vida do proxecto e os investimentos asociados.
- Reducir os custos de fracaso dividindo os proxectos en obxectivos identificables a curto prazo e con puntos de decisión claramente definidos.
Artigo orixinal: Maximizing the Return on Digital Investments