A formación en materia dixital é aínda unha materia pendente no proceso de Transformación Dixital das organizacións. Ademais, a un gran número de empresas quedalles moito camiño por percorrer no que respecta ao uso de ferramentas colaborativas dixitais e de traballo en rede. Segundo a enquisa, o grao de madurez dixital das empresas en España segundo o nivel de formación e habilidades dixitais dos empregados é medio-baixo. En concreto, cando preguntamos aos profesionais con responsabilidade alta na súa compañía polo nivel de coñecementos dixitais que posúe o persoal, atopámonos con que máis da metade, descoñece o nivel de formación e habilidades dixitais dos seus empregados e que unicamente o 23% afirma que polo menos a metade do persoal posúe os coñecementos dixitais adecuados.
Enlace orixinal: Índice de Madurez Digital de las Empresas en España