Martes, 14 Novembro 2017 14:29

Por qué os "chatbots" están a captar a atención do sector turístico?

Por qué os "chatbots" están a captar a atención do sector turístico? pixabay.com

Os "chatbots" son sistemas informáticos capaces de manter unha conversación cun ser humano utilizando linguaxe natural. Estes asistentes conversacionais chegan para adaptarse a unha sociedade que está profundamente vinculada coas aplicacións de mensaxería: Whatsapp, Facebook, Messenger, ... Partindo deste punto, empresas de todo o mundo están a comezar a ofrecer os seus servizos a través destas aplicacións mediante o uso de "chatbots" para que os seus clientes poidan obter as respostas ás súas preguntas dunha forma máis sinxela e directa. As primeiras en adoptar esta nova tecnoloxía foron grandes aerolíneas e comparadores de voos como Aeromexico, Lufthansa, Edreams, Kaiak, Destinia, ... Todas elas integraron "chatbots" no proceso de adquisición de billetes de avión co obxectivo de dar aos clientes a posibilidade de conseguir a mesma información a través dunha interface máis sinxela. Os "chatbots" van modificar por completo a forma na que estamos afeitos reservar as nosas viaxes e a nosa experiencia dentro dos aloxamentos aos que acudimos durante as vacacións. Xa non se trata de xestionar o proceso de reserva a través do noso teléfono intelixente ou do ordenador, trátase de estar conectado coa compañía mediante unha canle que permite unha inmediatez que ata agora non imaxinabas.

Enlace orixinal: ¿Por qué los bots están captando la atención del sector turístico?