Neste observatorio ponse a disposición pública o traballo realizado pola Xunta de Galicia e liderado polo Igape para identificar e difundir o coñecemento dispoñible a escala mundial sobre da denominada "cuarta revolución industrial" ou "Industria 4.0". Dentro do Observatorio execútase unha metodoloxía de vixiancia sistemática, monitóorizando de forma continua fontes relevantes e seleccionando a información con maior utilidade potencial para todos os grupos de interese potencialmente interesados. A información do Observatorio organízase en catro partes claramente diferenciadas:
Boas prácticas:
Exemplos de proxectos e implantacións levados a cabo por pemes nos ámbitos relacionados coas tecnoloxías 4.0
|
Noticias e tendencias:
Inventario de noticias publicadas en medios especializados indicativas dos cambios que se producirán nas contornas dos negocios nun futuo próximo. |
Estudos e informes:
Recompilación de estudos e informes con contidos relevantes para empresas e organizacións inmersas en procesos de transformación dixital |
Axenda:
Calendario de eventos e actividades levadas a cabo polo Observatorio da Industria 4.0 |