O Big Data converteuse nunha das ferramentas máis útiles para as compañías no século XXI. Neste contexto, os algoritmos son a base destes métodos de análises de datos, pero a súa importancia crucial nos resultados e os obxectivos destas empresas choca coa falta de lexislación sobre o asunto. De feito, actualmente non existe ningunha norma de propiedade industrial ou intelectual que se refira expresamente á protección dos algoritmos, o que xera unha gran inseguridade xurídica. A dúbida entón é saber como protexer a autoría destas fórmulas matemáticas. Segundo os expertos só é posible realizala a través dunha patente, centrándose na propiedade intelectual ou mediante o know-how.
Enlace orixinal: Batalla polos dereitos do autor no desenvolvemento de algoritmos